Saltar ao contido

A Burla Negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración da Burla Negra perseguindo o Morning Star.

A Burla Negra, tamén coñecido na historiografía e na literatura pola súa tradución inglesa de Black Joke, foi un bergantín pirata capitaneado polo galego Benito Soto a principios do século XIX.

O buque era un bergantín escravista, de bandeira brasileira, de principios do século XIX, con base en Río de Xaneiro. O seu nome era O Defensor de Pedro, en referencia a Pedro I, o primeiro emperador do Brasil, e pertencía á Armada brasileira. Logo foi vendido a mans privadas, que o dedicaron ao tráfico de escravos entre Suramérica e África.

A finais de novembro de 1827 produciuse a bordo do barco un motín, liderado polo galego Benito Soto, que se fixo co mando da nave. Unhas fontes din que o capitán foi asasinado e outras que o ceibaron nas costas de Guinea. A partir dese momento, o barco mudou o seu nome polo de A Burla Negra[1]. A Burla Negra embarrancou nas augas da Baía de Cádiz entre decembro de 1829 e marzo de 1832.

Moitos anos despois, en 2002, a Plataforma contra a Burla Negra, unha asociación de artistas en protesta pola catástrofe de Prestige, recollería o seu nome.

  1. Papers: Secretary of State, 1827, escrito por Henry Clay, James F. Hopkins, M.W.M. Hargreaves, Robert Seager, (Universidade de Kentucky, 1959