A Arribada, Baiona
![]() | Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Festa da Arribada" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas sigue estes pasos. |
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2019) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A Arribada, Baiona | |
---|---|
![]() Praia da Ribeira preparada para o evento. | |
Datos da festa | |
Nome oficial | Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona |
Conmemoración | A arribada da carabela Pinta a Baiona |
Tipo | histórica |
Data | primeiro sábado e domingo de marzo. |
Concello | Baiona |
Motivo | primeira viaxe de Cristovo Colón a América |
Relacionada con | Palos de la Frontera, Santa Fe e Pornic |
Recoñecementos | Festas de interese turístico de Galicia(1999) festa de interese turístico nacional de España (2010) festa de interese turístico internacional de España (2015) |
A Arribada é unha festa declarada de Interese Turístico Internacional que ten lugar no primeiro fin de semana de marzo. Baiona ambiéntase do xeito medieval para recordar a chegada da Carabela Pinta.
Historia[editar | editar a fonte]
Cristóbal Colón e Martín Alonso Pinzón emprenderon unha viaxe nas carabelas La Niña e Pinta e, de regreso da expedición colombina, querían informar os Reis Católicos sobre o descubrimento de América.
Á altura das Azores, na noite dun xoves 14 de febreiro[cando?], un gran temporal separou ambas embarcacións. Cristóbal Colón, ao mando de La Niña, tomou rumbo sueste cara a Cascais, onde arribou o 10 de marzo. Martín Alonso Pinzón (enfermo de sífilis) viña acompañado polo baionés Cristóbal García Sarmiento, gran coñecedor destas costas e tomou rumbo nordeste cara a Baiona. Chegan o 1 de marzo de 1493. Os veciños de Baiona foron os primeiros en coñecer o anaco dun novo continente que chegaba no barco en forma de metais (ouro), plantas alimenticias (millo, uca, especias), plantas téxtiles (algodón), plantas medicinais (tabaco utilizado polos indios para calmar a dor), plantas colorantes, froitas, madeiras, animais e diversos útiles.
A tripulación pasou uns días de descanso en Baiona e aproveitou para abastecerse de novo de víveres. O 11 de marzo partiu ata Palos de la Frontera, cidade dende onde partira a expedición.
Celebración[editar | editar a fonte]
As rúas do casco antigo e os paseos énchense de postos de comida e artesanía e costumes da época, un mercado no que se ofrecen produtos e alimentos artesáns do século XV. A xente disfrázase de época, das diferentes clases como campesiños, nobres e bufóns.
Tamén hai músicos, xograres e malabaristas que realizan pasarúas entre mercaderes e público. A festa conta cun programa de actividades que inclúe conferencias de historia, duelos medievais, retos de esgrima ou demostracións de tiro con arco. As actividades comezan ás 10:00 horas e rematan sobre ás 23:00 horas.
A Praia da Ribeira é o escenario principal no que se realiza o acto da celebración, a reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron polo descubrimento ó correxidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493. Faise cunha representación da Arribada, nun bote cos navegantes procedente da réplica da Pinta, amorada no porto. Tamén se celebra o Torneo de Cabaleiros cun espectáculo de cetrería.
O parque da Palma conta cun espazo infantil cun parque de aventuras e un parque medieval. O parque de aventuras está composto por unha tirolina, rocódromos, descenso en rappel e inchables. No parque medieval atópase unha noria, carrusel, esgrima, tiro con arco e xogos tradicionais con madeira. Tamén hai unha granxa medieval con animais como serpes, loros, coellos etc.
Na Praia da Cuncheira ofrécense paseos en camelos e dromedarios. Na Alameda de Carabela A Pinta están a zona Playmobil medieval e obradoiros infantís. No paseo da Ribeira vense aves de cetrería.
Dende o ano 1999 está declarada festa de Galicia de interese turístico[1]; en 2010 concedéuselle o título de festa de interese turístico nacional de España[2] e en 2015 o de festa de interese turístico internacional de España;[3] o número de visitante vai en aumento e ronda os 30.000.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ DOG: Resolución do 24 de xuño de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia ... polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico ... a Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona...
- ↑ BOE: Resolución de 23 de septiembre de 2010, de la Secretaría General de Turismo y Comercio Interior, por la que se concede el título de «Fiesta de Interés Turístico Nacional» a la «Fiesta de la Arribada de la Carabela La Pinta» de Baiona (Pontevedra)
- ↑ BOE: Resolución de 27 de octubre de 2015, de la Secretaría de Estado de Turismo, por la que se concede el título de «Fiesta de Interés Turístico Internacional» a la fiesta «La Arribada de la Carabela Pinta a Baiona», Baiona (Pontevedra)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Arribada, Baiona |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Festa da Reconquista (Vigo)