A Anunciada, Santa María de Fóra de Baiona, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Anunciada, Baiona, Baiona»)
A Anunciada
ParroquiaSanta María de Fóra de Baiona
ConcelloBaiona
Coordenadas42°06′59″N 8°51′03″O / 42.116472454554, -8.8507807253826Coordenadas: 42°06′59″N 8°51′03″O / 42.116472454554, -8.8507807253826
Poboación210 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

A Anunciada é un barrio da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 210 habitantes (109 homes e 101 mulleres).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O barrio da Anunciada está constituído por vivendas de protección oficial construídas no ano 1939, logo da guerra civil española. Estas vivendas tiñan por obxectivo elevar o nivel de vida da xente máis humilde que vivía en sotos e pisos co chan de terra (casas terreñas). Inauguráronse na década de 1950. As primeiras familias trasladáronse alí cando non había auga nin luz, a cambio dunha renda moi baixa.[Cómpre referencia]

Antes de se construíren as vivendas, o lugar recibía o nome do Piñeiro. Asignóuselle o nome da Anunciada na honra da Virxe da Anunciada, patroa de Baiona. A barriada coñécese tamén popularmente como Corea.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa María de Fóra de Baiona[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona no concello de Baiona (Pontevedra)
Cova Terreña | Loureiral | Percebelleira | Santo Antón

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30/12/2020. Consultado o 07/11/2014. 
  2. País, Ediciones El (1997-04-21). "Un niño de 16 meses ingresa cadáver en un hospital de Vigo tras ingerir droga". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-08-25.