Saltar ao contido

AP-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autoestrada de Navarra
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas de Navarra
Lonxitude112,15 km
Localización
InicioTudela (Navarra)
FinIrurtzun (Navarra)

A AP-15 ou Autoestrada de Navarra é unha autoestrada do norte de España. que percorre a Comunidade Foral de Navarra de norte a sur. Comeza no enlace 17 da AP-68 á altura de Tudela, e finaliza en Irurtzun, onde continúa baixo a denominación de A-15 cara a Donostia, tendo unha lonxitude total de 112,15 km. En Irurtzun comeza tamén a A-10 en dirección a Vitoria.

A autovía foi construída entre 1974 e 1980. Está dividida en dous tramos (Tudela-Pamplona e Pamplona-Irurtzun) ambos os dous unidos por un tramo de autoestrada libre de peaxe, a rolda de Pamplona Oeste (A-15).

A Sociedade Concesionaria da autoestrada é a empresa Autoestradas de Navarra, S.A., máis coñecida polo seu acrónimo «Audenasa» cuxo 50% pertence ao grupo Itínere e o outro 50% restante ao Goberno de Navarra.[1]

  1. "Itínere saca a bolsa a Autoestrada de Navarra". Diario de Navarra. 20 de abril de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]