Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AMTEGA»)
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Logo
Tipoorganismo público
Data de fundación2012
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://amtega.xunta.gal/
Facebook: amtega Twitter: amtega Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) é un organismo da Xunta de Galicia encargado de desenvolver e executar as políticas da administración galega no eido das tecnoloxías da información e da comunicación e da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Historia[editar | editar a fonte]

A Axencia definiuse na Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que foi aprobada en 2010 polo Parlamento de Galicia a proposta do Cando se creou, en 2012, substituíu a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, un departamento que daquela dependía da presidencia da Xunta. A Axencia segue encadrándose dentro da área de presidencia (non da Administracións Públicas e Xustiza|consellería), pero a denominación de "axencia" permítelle unha maior flexibilidade de actuación e transversalidade, pois as súas competencias afectan a todas as consellerías.

Non entrou a funcionar ata o primeiro trimestre de 2012. A súa primeira titular foi Mar Pereira, que xa era a secretaria xeral de Modernización.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A Amtega está dirixida por unha persoa co cargo de director/a, e por un consello reitor. Ademais, están adscritos á Amtega o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) e a Sociedade Redes de Telecomunicacións Galegas, (Retegal).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]