AKT1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

AKT1, do inglés V-akt murine thymoma viral oncogene homolog 1, é unha enzima que en humanos é codificada polo xene AKT1.

A proteína quinase serina/treonina codificada polo xene AKT1 está cataliticamente inactiva en fibroblastos privados de soro e en fibroblastos imortalizados. AKT1 e o ATK2 son activados por factores de crecemento derivados de plaquetas. A activación é rápida e específica, non sendo anulada por mutacións no dominio de homoloxía a plecstrina da AKT1. Foi demostrado que a activación ocorre a través do Fosfoinosítido 3-quinase.

No sistema nervioso en desenvolvemento, o AKT é un mediador crítico da supervivencia neuronal inducida por factores de crecemento. Os factores de crecemento poden suprimir a apoptose dunha maneira independente de transcrición, por activación da quinase serina/treonina AKT1, que despois fosforila e inactiva compoñentes da apoptose.

Múltiples variantes de transcriptos, que sufriron splicing alternativo, foron encontrados para este xene.[1]

Notas[editar | editar a fonte]