AGILE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AGILE
Diagrama de AGILE.
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónAxencia Espacial Italiana (ASI)
Contratistas principaisCarlo Gavazzi Space[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento23 de abril de 2007, 10:00 UTC[2][3][4][5]
Foguete portadorPLSV[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Sriharikota[1][3]
Duración da misión2 anos, estendida[1]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X e raios gamma[1][3][5]
NSSDC ID2007-013A
Masa325 kg[1][3][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6905,6 km[2]
Inclinación2,5 graos[2]
Apoapse548,1 km[2]
Periapse521,1 km[2]

AGILE (acrónimo de Astro‐rivelatore Gamma a Immagini LEggero) é un observatorio espacial de raios gamma e raios X da Axencia Espacial Italiana lanzado o 23 de abril de 2007 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota.[1][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

AGILE é un observatorio espacial adicado á observación astronómica en lonxitudes de onda de raios X e raios gamma. O deseño, desenvolvemento e construción do satélite foi dirixido por Carlo Gavazzi Space en colaboración con varias institucións industriais e de investigación.[1][3]

É o primeiro satélite non indio lanzado como carga principal por un PSLV, e ademais da instrumentación científica leva a bordo o sistema de comunicación Rubin 6 para enviar datos a través da constelación de satélites Orbcomm.[1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

AGILE leva dous instrumentos:[1][3][3][5]

  • a cámara de raios gamma GRID de gran angular, capaz de detectar fotóns gamma con enerxías de entre 0,3 e 200 MeV.[5]
  • o detector de raios X duros Super-AGILE, para o rango de entre 15 e 45 keV.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "AGILE en REAL TIME SATELLITE TRACKING" (en inglés). 2011. Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (4 de novembro de 2011). "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012. 
  4. "Note verbale dated 11 March 2008 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (08-54001 (E)): 2. 29 de maio de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]