AD Vila do Corpus
| Asociación Deportiva Vila do Corpus | |
|---|---|
| Fundación | 2010 |
| Estadio | Campo da Fraga do Rei (Angoares) |
| Presidente | Xoán Carlos Iglesias |
| Na rede | |
| http://viladocorpus.com/spa/novas.php | |
A Asociación Deportiva Vila do Corpus é un club de fútbol da cidade galega de Ponteareas. Toma a súa denominación en 2010 na honra ás festas do Corpus Christi, unha das festividades máis importantes da vila. Xoga os seus partidos como local no campo de fútbol da Fraga do Rei, en Angoares, de herba sintética.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A AD Vila do Corpus fundouse inicialmente en 2007 coa denominación de AD O Condado FC, dedicado fundamentalmente ao fútbol base.[2] En 2010, fusionouse co Ponteareas CF, tamén enfocado nas categorías inferiores, para formar a actual Vila do Corpus.[3]
Escudo e cores
[editar | editar a fonte]As cores da AD Vila do Corpus son o amarelo e o azul, como así se pon de manifesto tanto na súa indumentaria coma no escudo. A equipación principal consta dunha camisola amarela e uns pantalóns e medias azuis.
O escudo está formado por un brasón en forma de circunferencia de cor azul. No seu interior, unha segunda circunferencia amarela ten proxectados unha ponte e un xogador de fútbol en amarelo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira Autonómica (1): 2021-22.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ D. P. (24 de febreiro de 2022). "Ponteareas destina 205.000 euros a la renovación del campo de fútbol de Angoares". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Historia". viladocorpus.com.
- ↑ "AD Vila do Corpus. Datos do club". La Preferente.