ACME
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acme.
A ACME (ou Corporación ACME) é unha compañía ficticia que existe no universo de animación dos Looney Tunes. Fixo a súa primeira aparición nunha banda deseñada do personaxe Buddy, e despois na animación de Cabeza de Ovo, onde tiña que aprender a gardar cousas en caixas. Pero o éxito da marca ACME débese á grande difusión que lle deron os debuxos animados do Correcamiños e do Coiote, pois a ela pertencían todos os trebellos que utilizaba o cazador para ver de prender a ave corricana.
O significado das siglas nunca foi ben definido, pero unha das teorías apunta a que, tendo en conta que é quen de producir calquera cousa imaxinábel, podería ser o acrónimo de A Company that Makes Everything, ou sexa unha empresa que fai de todo.