Aïcha Fofana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAïcha Fofana
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata
Bamaco, Malí Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Bamaco, Malí Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMalí Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade de Mannheim (pt) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , tradutora , dramaturga , activista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Fofana-3


Aïcha Aminata Laïla Fofana, nada en Bamaco en 1957 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2003[1], foi unha tradutora e escritora maliana. Con Mariage: on copie (1994), converteuse na primeira muller do seu país en publicar unha novela.[2][3] Activista polos dereitos da muller, a súa obra procura mellorar as condicións sociais da muller no seu país.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Bénitiéni Fofana (1928–1991), traballador do Ministerio de Saúde. Despois de facer primaria en Bamaco e Bordeos (Francia), asistiu ao instituto Notre-Dame en Níxer. Estudou linguas na Sorbona, na Universidade de Mannheim (Alemaña) e na Universidade de Oxford. Co seu coñecemento de francés, alemán e inglés traballou como tradutora e intérprete.[2]

A súa primeira novela Mariage: on copie achega a visión convencional das mulleres de Malí. Conta a historia de catro delas, que teñen diferentes problemas debido aos seus status e as súas procedencias étnicas. A través das descricións de como as mulleres resolven os problemas de vida marital, a novela mostra como a sociedade maliana está mudando no bo camiño.[2] A súa segunda novela, La fourmilière, foi editada de forma póstuma en 2006.[1] A obra amosa as dificultades da sociedade maliana, representada pola vida dunha gran familia. O título está inspirado polas estruturas sociais, que poden ser comparadas cunha colonia de formigas.[4]

Frustrada polo tempo que leva a publicación dos libros, Fofana decidiu pasar a escribir teatro, onde podía levar ao público as súas ideas de modo máis rápido. En abril de 1997 estreouse no Centro Cultural de Bamaco a súa primeira obra, Excellence on fait le ménage. Como a obra criticaba a corrupción política, causou unha grande axitación tanto nos actores como no público.[4][5] A súa segunda obra de teatro, L'Africaine de Paris no 2, presentada en 1998, conta a historia dun home maliano que casa cunha muller. Pouco despois a súa primeira esposa, unha africana coa que casara en París, chega para reclamalo como o seu marido, e enturba o ambiente familiar.[6]

En 1998 Fofana foi unha dos membros fundadores da Association Malienne des Droits de l'Homme.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas
Obras de teatro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Imperato, P. J.; Imperato, G. H. (2008). Historical Dictionary of Mali. Scarecrow Press. pp. 117–. ISBN 978-0-8108-6402-3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Boyd-Buggs, D.; Scott, J. H. (2003). Camel Tracks: Critical Perspectives on Sahelian Literatures. Africa World Press. pp. 271–. ISBN 978-0-86543-757-9. 
  3. "Aïcha Fofana" (en inglés). University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Volet, J.-M. (Xullo de 1999). "A l'ecoute d'Aïcha Fofana: Un entretien avec Aïcha Fofana, romancière et femme de théâtre" (en francés). University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  5. "Excellence on fait le ménage". University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  6. "L'Africaine de Paris no 2" (en francés). University of Western Australia. 12 de agosto de 1998. Consultado o 4 de febreiro de 2016.