Craniados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Craniados / Craniotas
(Craniata vel Craniota)

Rango fósil: cámbrico temperán - actualidade

Mixín do Pacífico (Eptatretus stoutii)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
(sen clasif.): Craniata
Janvier, 1981
Clados

O dos craniados (Craniata), ás veces denominado craniotas (Craniota), é un clado proposto do filo dos cordados, sen categoría taxonómica, que inclúe dous grupos viventes, os mixíns (Myxini) e os vertebrados (Vertebrata), que á súa vez comprende os hiperoartios (Hyperoartia) —entre eles as lampreas— e os gnatóstomos (Gnatostomata) ou vertebrados con mandíbulas.[1][2] Abarca, por tanto, todos os animais con cranio, xa sexa este óseo ou cartilaxinoso, feito do que deriva o seu nome.

O termo craniados propúxose para substituír o antigo uso do termo vertebrados (vertebrados en sentido amplo). A principal diferenza entre a antiga e a nova interpretación de "vertebrados" é que os mixíns quedan fóra dos vertebrados en sentido estrito, xa que carecen de verdadeiras vértebras.[3] O termo Vertebrata debe usarse en sentido estrito para incluír só aos craniados con auténticas vértebras (lampreas e vertebrados con mandíbulas), tal como se pon de manifesto no seguinte cladograma:

Craniata

Myxini

Vertebrata
______

Cephalaspidomorphi

Gnathostomata

O termo "Vertebrata", usado en sentido amplo, é sinónimo de "Craniata", e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; si usamos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluirse dito grupo. Porén, hai evidencias que xustifican que os mixíns deben ser incluídos entre os vertebrados.[4]

Características[editar | editar a fonte]

As principais características dos craniados son:[5]

Árbore filoxenética[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Campbell & Reece (2005), p. 676
  2. Cracraft & Donoghue (2004), p. 390
  3. Hickman, C. P., Roberts, J., Keen,L. S., S. L., Larson, A. & Eisenhour, D. J., 2007. Animal Diversity, Fourth Edition. New York: McGraw Hill.
  4. Kuraku et al. (2000): "Monophyly of Lampreys and Hagfishes Supported by Nuclear DNA–Coded Genes". Biol Rev Camb Philos Soc. 75 (2):191-251. Resume
  5. Tree of Life, Craniata Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Consultada o 22/11/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campbell, Neil A. & Reece, Jane B. (2005): Biology, Seventh Edition. San Francisco CA: Benjamin Cummings.
  • Cleveland P.; Hickman, J.; Roberts, L. S., Keen, S. L.; Larson, A. & Eisenhour, D. J. (2007): Animal Diversity, Fourth Edition. Nova York: McGraw Hill.
  • Cracraft, Joel & Donoghue, Michael J. (2004): Assembling the Tree of Life. Nova York: Oxford University Press US. ISBN 978-0-19-517234-8.
  • Donoghue, Phillip C. J.; Forey, Peter L. e Aldridge, Richard J. (2000): "Conodont affinity and chordate phylogeny". Biological Reviews 75 (2): 191–251. Resumo
  • Hickman, C. P.; Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]