90 Day Men

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
90 Day Men
OrixeSt. Louis, Missouri,
Período1995 - ao redor de 2004
Xénero(s)math rock, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Southern Records
MembrosBrian Case
Cayce Key
Andy Lansangan
Robert Lowe
Na rede
http://www.90daymen.com
Musicbrainz: 19bdc2ab-f133-46cd-af5c-a5db213d2003 Songkick: 32231 Discogs: 432771 Editar o valor em Wikidata

90 Day Men foi unha banda estadounidense de rock progresivo fundada no ano 1995 en St. Louis, Missouri, e posteriormente baseada en Chicago, Illinois. O seu nome é un termo da xerga que usan os policías para referirse aos reclusos que deben someterse a un exame psiquiátrico.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo naceu no ano 1995 en St. Louis como un trío composto por Brian Case, Cayce Key e Chandler McWilliams. En 1996 a banda lanzou a súa estrea, o sinxelo "Taking Apart the Vessel" con tres temas.[2]

En 1997 uniuse a eles Robert Lowe como trompetista e vocalista e a banda mudouse a Chicago. Ese mesmo ano a banda gravou o seu primeiro traballo como cuarteto, o sinxelo "If You Can Bake a Cake, You Can Build a Bomb", seguido en 1998 polo EP 1975-1977-1998, lanzado polo selo Temporary Residence e que incluía os dous temas do sinxelo e tres cancións máis.[3][4] A finais dese ano 90 Day Men fichou polo selo Southern Records.[3]

Con Southern a banda gravou o seu álbum de estrea, (It (Is) It) Critical Band, lanzado no ano 2000. Nesa época uniuse ao grupo o teclista Andy Lansangan.[3]

A banda lanzou dous álbums de estudio máis, To Everybody en 2002, e Panda Park en 2004, ámbolos dous a través de Southern Records,[3] ademais de editar o EP To Late or Too Dead en 2003. A banda separaríase pouco despois.

No ano 2005 Lowe iniciou o proxecto en solitario Lichens, e publicou material co nome Robert A. A. Lowe con varios selos. Lowe tamén tocou no grupo Om varios anos. Brian Case formou barias bandas, como The Ponys, Disappears, e FACS,[5] e o batería Cayce Key toca en Bloodiest.[3][6]

Álbum Ano Selo Notas
Taking Apart the Vesse 1996 autoeditado EP
If You Can Bake a Cake, You Can Build a Bomb 1997 Action Boy EP
1975-1977-1998 1998 Temporary Residence EP
Split with GoGoGoAirheart 2000 Box Factory Records EP compartido con GoGoGoAirheart
(It (Is) It) Critical Band 2000 Southern Records álbum
To Everybody 2002 Southern Records álbum
Too Late or Too Dead 2003 Southern Records EP
Panda Park 2004 Southern Records álbum

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 90 Day Men Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-03-28. 
  2. "The 90 Day Men - Taking Apart The Vessel" (en inglés). 1996. Consultado o 2023-09-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "90 Day Men". Temporary Residence Ltd. Consultado o 2023-09-16. 
  4. "The 90 Day Men - 1975-1977-1998" (en castelán). 1998. Consultado o 2023-09-16. 
  5. Warwick, Kevin (2019-03-21). "Chicago postpunks Facs cut their last tether". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2023-10-17. 
  6. "Bloodiest Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-17.