Luna (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "8K72")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luna / 8K72
Vostok 8K72.svg
Función Lanzador espacial lixeiro.
País de orixe Unión Soviética
Tamaño
Altura 30,84 m[1]
Diámetro 2,60 m[1]
Masa 277.000 kg[1]
Etapas 2[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 4000 kg[1]
Carga a
órbita de inxección transluar
280 kg[1]
Historia de lanzamentos
Sitios de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[1][2]
Total de lanzamentos 9[1][2]
Éxitos 3[1][2]
Fallos 5[1][2]
Fallos parciais 1[1][2]
Voo inaugural 23 de setembro de 1958[1][2]
Último voo 16 de abril de 1960[1][2]
Aceleradores (Etapa 0) - 8K72-0[1][2]
No aceleradores 4[1][2]
Lonxitude 19,0 m[1][2]
Diámetro 2,68 m[1]
Masa baleiro 3800 kg[1]
Masa cheo 43.400 kg[1]
Motores 1 RD-107-8D74-1958[1]
Pulo 990,0 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico 254 s (a nivel do mar), 312 s (no baleiro)[1]
Tempo de combustión 120 s[1]
Propelente Oxíxeno líquido e queroseno[1]
Primeira Etapa - Luna 8K72-1[1]
Lonxitude 28,0 m[1]
Diámetro 2,60 m[1]
Masa baleiro 6900 kg[1]
Masa cheo 95.300 kg[1]
Motores 1 RD-108-8D75-1958[1]
Pulo 936,5 kN[1]
Impulso específico 320 s (246 s a nivel do mar)[1]
Tempo de combustión 320 s[1]
Propelente Oxíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda Etapa - Luna 8K72-2[1]
Lonxitude 2,84 m[1]
Diámetro 2,56 m[1]
Masa baleiro 1120 kg[1]
Masa cheo 8100 kg [1]
Motores 1 RD-0105[1]
Pulo 49,0 kN[1]
Impulso específico 316 s[1]
Tempo de combustión 440 s[1]
Propelente Oxíxeno líquido e queroseno[1]

Luna ou Luna 8K72, código GRAU 8K72 e tamén coñecido como Vostok-L, foi o nome dun modelo de foguete espacial soviético activo entre 1958 e 1960.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O 8K72 foi un foguete derivado do mísil R-7 (do que derivan tamén outros foguetes, como o lanzador Soyuz). Foi desenvolvido nos inicios da era espacial como medio para lanzar as primeiras sondas luares e foi o primeiro lanzado soviético en resolver o problema da ignición dunha etapa de foguete en gravedade cero.[1][2]

Luna foi lanzado un total de nove veces, todas desde o cosmódromo de Baikonur, con cinco fallos e un éxito parcial.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 23 de setembro de 1958 Luna 1a Fallo Primeiro voo dun Luna. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
2 11 de outubro de 1958 Luna 1b Fallo Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
3 4 de decembro de 1958 Luna 1c Fallo Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno.
4 2 de xaneiro de 1959 Luna 1 Éxito Primeiro voo exitoso dun foguete Luna.
5 18 de xuño de 1959 Luna 2 Fallo O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra.
6 12 de setembro de 1959 Luna 2 Éxito
7 4 de outubro de 1959 Luna 3 Éxito
8 15 de abril de 1960 Luna 4a Fallo parcial A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou nunha traxectoria suborbital que o levou ata os 200.000 km de altura antes de volver a caer á Terra.
9 16 de abril de 1960 Luna 4b Fallo Último lanzamento dun foguete Luna. Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 Mark Wade (2011). "Luna 8K72" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013.