52nd Street foi unha banda británica de jazz-funk e R&B formada en Manchester a finais do ano 1980, ao redor do período no que tanto o punk/new wave e o jazz-funk sacudiron a escena de clubs. Durante os 80 o grupo non só gozou de éxito no Reino Unido, tamén nos Estados Unidos. O seu sinxelo máis exitoso foi "Tell Me (How It Feels)", publicado en 1985 por 10 Records, subsidiaria de Virgin Records no Reino Undo, e mese despois a través de MCA Records nos Estados Unidos.
A formación orixinal estaba composta por Tony Henry (guitarra), Derrick Johnson (baixo), Desmond Isaacs (teclados), Tony Thompson (batería) e Jennifer McCloud (voces). Seis mese despois chegaron e marcharon o vocalista Rose Williams e o saxofonista Eric Godden, antes de que a formación se establecese con John Dennison (teclados) substituíndo a Desmond Isaacs, e Beverley McDonald (voces) no posto de Jennifer McCloud.