Rally Botafumeiro de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «5º Rally Botafumeiro»)
Rally Botafumeiro de 1990
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Santiago de Compostela
OrganizadorEscudería Compostela
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónFrancia Marc Etchebers
Participantes
Equipos37
AnteriorRally Botafumeiro de 1988
SeguinteRally Botafumeiro de 1991

O Rally Botafumeiro de 1990 foi a 5ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 1 de xullo de 1990 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

O equipo formado polo vascofrancés Marc Etchebers e o ferrolán Humberto González gañou con facilidade o rally ao marcar o mellor tempo en todos os treitos cronometrados, excepto nos dous últimos, que foron para Sergio Vallejo e José Manuel López Parada. A segunda praza estivo moito máis disputada e tras o abandono por problemas mecánicos de Manuel Senra, que marcara o segundo mellor tempo no primeiro treito, a loita deuse entre Vallejo, Parada, "Peitos", Antonio Trelles e Antonio Garrido. Ao remate dos seis treitos diúrnos era "Peitos" o que ocupaba a segunda praza, seguido moi de preto polos demais. Con todo, na sección nocturna os irmáns Vallejo rodaron rápido e subiron ata a segunda praza final. "Peitos" quedou finalmente cuarto (e primeiro no Trofeo Citroën), ao verse adiantado ao final tamén polo vigués Trelles, que subiu ao podio en terceira posición e gañou na Copa Renault.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Ford Sierra Cosworth 57.13
2 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 205 GTI 58.38
3 Galicia Antonio Trelles Galicia Candú Costas Renault 5 GT Turbo 59.00
4 Galicia "Peitos" Galicia Francisco Javier Salgueiro Citroën AX Sport 59.01
5 Galicia Jorge Pérez Galicia Luis Pérez Renault 5 GT Turbo 59.48
6 España Antonio Garrido Galicia López Carbajal Ford Sierra Cosworth 1:00.07
7 Javier García Esturao Renault 5 GT Turbo 1:00.30
8 Galicia José M. López Parada Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo 1:01.03
9 Galicia Javier Piñeiro Galicia Carlos Cascallar Peugeot 205 Rallye 1:01.22
10 Galicia Luis Vázquez Mera Suso Renault 5 GT Turbo 1:02.10
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI -
- Galicia Carlos Piñeiro Renault 5 GT Turbo -
- Galicia Alberto González Citroën AX GT -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (2 de xullo de 1990). "Clara victoria del equipo Etchebers-González en el Rally do Botafumeiro, disputado en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 


Predecesor:
Rally do Lacón
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally Rías Baixas