47171 Lempo
| 47171 Lempo | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Designación provisional
| |
|
Época
| |
|
Astro pai
| |
|
Astro fillo
| |
|
Grupo menor
| |
| Características orbitais | |
| Apoapse | 48,84716496782 au |
| Periastro | 30,591295975515 au |
| Argumento de periastro | 295,2 ° e 295,82462322693 ° |
| Excentricidade orbital | 0,221 e 0,22981146381131 |
| Inclinación orbital | 8,4 ° e 8,4031661453549 ° |
| Período orbital | 91.432,304397017 d |
| Período de rotación | 6,21 h |
| Semieixo maior | 39,3872414 au e 39,719230471667 au |
| Lonxitude do nó ascendente | 97,1 ° e 97,16740326621 ° |
| Anomalía media | 359 ° e 14,61172745983 ° |
| Tempo de periapse | 2.457.289,4335754 |
| Características físicas | |
| Radio | 136 km |
| Masa | 6,71 Eg |
| Distancia da Terra | 29,6015 au |
| Magnitude aparente | 19,8 |
| Magnitude absoluta | 4,7 e 4,93 |
| Persoas e organizacións | |
|
Descubridor/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Acontecementos
| |
|
Data descuberta
| |
|
Precedido por
| |
|
Sucedido por
| |
| Localización | |
|
Localización descubrimento
| |
| Wikidata C:Commons | |
(47171) Lempo (designación provisional: 1999 TC36) é un sistema que comprende 3 obxectos trans-neptunianos (TNOs). Foi descuberto no ano 1999 por Eric P. Rubenstein e Louis-Gregory Strolger dende o Kitt Peak National Observatory (KPNO). O Dr. Rubenstein estaba buscando imaxes tomadas polo Dr. Strolger dentro do programa de procura Low-Z Supernova. Está clasificado coma un plutino cunha resonancia orbital de 3:2 con Neptuno,[1] está actualmente a só 30,7 UA respecto do Sol,[2] e está entre os TNOs máis brillantes.
Características físicas
[editar | editar a fonte]Lempo é un sistema triplo que consiste nun primario (o cal en si mesmo é un obxecto binario) e unha pequena lúa (compoñente B).[3] As observacións combinadas feitas no infravermello polo Telescopio Espacial Spitzer,[4] o Telescopio Espacial Herschel[5] e o Telescopio Espacial Hubble (HST) fixeron posible a estimación dos diámetros das compoñentes e consecuentemente estas estimacións proporcionaron un rango de posibles valores para a densidade do conxunto do sistema.[3] O diámetro, tomado coma se fose un só corpo (o tamaño efectivo do sistema), de 1999 TC36 está actualmente estimado en 393,1+25,2
−26,8 km.[5]
A estimada baixísima densidade de tan só 0,3–0,8 g/cm3 obtida no ano 2006 (cando se pensaba que o sistema era binario), precisaba que o sistema tivese unha infrecuente e altísima porosidade de entre o 50% ó 75%, asumindo unha mestura por igual de xeo e rochas.[4] A medición directa das flutuacións da luz das tres compoñentes do sistema, proporcionadas no ano 2009 polo HST, deron coma resultado unha densidade media de 0,532+0,317
−0,211 g/cm3, confirmando as primeiras impresións sobre que este obxecto é probablemente un conglomerado de cascallos.[3] A densidade foi revisada á alza, co novo dato de 0,64+0,15
−0,11 g/cm3 no ano 2012 cando estiveron dispoñibles os novos datos obtidos polo Herschel. A densidade do sistema en conxunto quedaba nun rango de 1–2 g/cm3, o que supón unha porosidade que iría do 36% ó 68%, confirmando de novo que o obxecto é un conglomerado de cascallos.[5]
Lempo ten unhas liñas espectrais moi marcadas no vermello dentro da rango da luz visible[6] e un espectro plano no infravermello próximo. Tamén hai unha feble liña de absorción preto da lonxitude de onda dos 2 μm, probablemente causada pola presenza de xeo de auga. O mellor modelo que reproduce o espectro do sistema incluiría tolinas, xeo cristalino de auga e serpentinas coma materiais da superficie.[7]
Compoñentes
[editar | editar a fonte]A lúa foi descuberta o 8 de decembro do ano 2001 por C. A. Trujillo e M. E. Brown grazas ó uso do Telescopio Espacial Hubble[8] e o seu descubrimento foi anunciado o 10 de xaneiro do ano 2002. [Cómpre referencia]O satélite ten un diámetro estimado de 132+8
−9 km[5] e un semi-eixo maior de 7.411 ± 12 km, orbita o seu primario en 50,302 ± 0,001 días.[3] Estímase que a masa desta lúa é de tan só 0,75 x 1018 kg.[3]
No ano 2009, unha análise feita co Hubble amosou que o primario estaba realmente composto por dúas compoñentes de tamaño semellante.[3] Estas dúas compoñentes teñen un semi-eixo maior de 867 km e un período de 1,9 días.[3] Asumidos que teñen albedos iguais, de 0.079, as compoñentes do primario teñen uns diámetros aproximados de A1=272+17
−19 km e A2=251+16
−17 km.[5] A compoñente B orbita o baricentro do sistema de A1+A2. A masa do sistema foi estimada grazas á observación do movemento da compoñente B, que é de 12,75 ± 0,06 x 1018 kg.[3] O movemento orbital das compoñentes A1 e A2 dá unha estimación algo máis alta, en concreto de 14,20 ± 0,05 x 1018 kg. Esta discrepancia é probablemente debida ás interaccións non contabilizadas das compoñentes deste complexo sistema triplo.[3]
Orixe
[editar | editar a fonte]Existen dúas hipóteses principais para explicar a formación do sistema triplo de Lempo. A primeira basearía a formación do sistema a través dunha gran colisión e a posterior concentración de material. A segunda hipótese baséase na captura gravitacional dun terceiro corpo por parte dun sistema binario pre-existente. Os tamaños semellantes das compoñentes A1 e A2 danlle máis peso a esta segunda hipótese.[3]
Exploración
[editar | editar a fonte]Lempo foi suxerido coma posible obxectivo para a sonda New Horizons 2, esta sonda é unha proposta para un proxecto dunha sonda xemelga á New Horizons que sobrevoaría Xúpiter, Urano e catro KBOs.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAU Minor Planet Center, ed. (03-11-2009). "MPEC 2009-V05 :Distant Minor Planets (2009 NOV. 15.0 TT)". Consultado o 10-12-2009.
- ↑ Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (47171) 1999TC36 Ephemerides". Consultado o 07-12-2009.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Benecchi, S.D; Noll, K. S.; Grundy, W. M.; Levison, H. F. (2010). "(47171) 1999 TC36, A Transneptunian Triple". Icarus 207 (2): 978–991. Bibcode:2010Icar..207..978B. arXiv:0912.2074. doi:10.1016/j.icarus.2009.12.017.
- 1 2 J. Stansberry, W. Grundy, J-L. Margot, D. Cruikshank, J. Emery, G. Rieke, D. Trilling (2006). "The Albedo, Size, and Density of Binary Kuiper Belt Object (47171) 1999 TC36". The Astrophysical Journal. 643 número=1: 556–566. Bibcode:2006ApJ...643..556S. arXiv:astro-ph/0602316. doi:10.1086/502674.
- 1 2 3 4 5 M. Mommert; A. W. Harris; C. Kiss; A. Pál; P. Santos-Sanz; J. Stansberry; et al. (2012). "TNOs are cool: A survey of the trans-Neptunian region". A&A 541 (A93). doi:10.1051/0004-6361/201118562.
- ↑ A. Doressoundiram; N. Peixinho; A. Moullet; S. Fornasier; M. A. Barucci; J.-L. Beuzit; C. Veillet (19 de outubro de 2007). "The Meudon Multicolor Survey (2MS) of Centaurs and Trans-Neptunian Objects: From Visible to Infrared Colors". The Astronomical Journal 134 (6). doi:10.1086/522783.
- ↑ Protopapa, S.; Alvarez-Candal, A.; Barucci, M.A. (2009). "ESO large program about transneptunian objects: surface variations on (47171) 1999 TC36". Astronomy and Astrophysics 501 (1): 375–380. Bibcode:2009A&A...501..375P. doi:10.1051/0004-6361/200810572.
- ↑ Unión Astronómica Internacional (ed.). "IAU Circular No. 7787". Consultado o 06-12-2008.
- ↑ Stern, Alan e o seu equipo. NASA (Outer Planets Assessment Group), ed. "New Horizons 2" (pdf). Consultado o 13 de maio de 2012. Recuperado de "Other materials". Outer Planets Assessment Group. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 09 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (en inglés)
- (47171) 1999 TC36 Precovery Images (en inglés)
- (47171) 1999 TC36, A Transneptunian Triple (en inglés)