46,XX/46,XY
A 46,XX/46,XY é unha condición xenética que pode ser quimérica ou un mosaico xenético, caracterizada pola presenza nunha mesma persoa dalgunhas células que teñen o cariotipo 46,XX e outras que teñen o 46,XY, polo que teñen nas células do seu corpo tanto a combinación de cromosomas sexuais típica feminina (XX) coma a masculina (XY).[1][2][3] As persoas con estas condicións clasifícanse como intersexuais.
Tipos
[editar | editar a fonte]Quimerismo tetragamético
[editar | editar a fonte]A causa da condición explícase na agregación na concepción ou útero de dous cigotos distintos ou blastocistos (un co cariotipo 46,XX e o outro co 46,XY) formando un só embrión,[4] que seguidamente orixina o desenvolvemento dun só individuo con dúas liñas celulares distintas, en lugar de orixinar dous individuos que serían xemelgos fraternos.
En humanos o dimorfismo sexual é unha consecuencia do sistema de determinación do sexo XY. Na diferenciación sexual prenatal típica, os embrións macho e femia son anatomicamente idénticos ata as 7 semanas de embarazo, cando a presenza ou ausencia do xene SRY no cromosoma Y causa que o tecido gonadal indeterminado experimente a diferenciación e finalmente se converta nun par de testículos ou ovarios, respectivamente.[4] As células dos testículos en desenvolvemento producen hormona antimülleriana, causando a regresión dos condutos müllerianos.[5] Como os individuos 46,XX/46,XY expresan parcialmente o xene SRY, o proceso normal polo cal un embrión se desenvolve normalmente nun macho ou femia fenotípicos pode estar significativamente afectado causando unha variación que afectará as gónadas, o tracto reprodutivo e os xenitais.[6] Malia isto, rexistráronse na literatura médica casos de diferenciación sexual completamente normal en individuos 46,XX/46,XY.[7][8][9] O quimerismo 46,XX/46,XY pode identificarse durante o embrazo por un cribado prenatal ou ao inicio da infancia por tests xenéticos e observación directa.[10]
O 46,XX/46,XY é un exemplo de quimerismo tetragamético porque require catro gametos: dous espermatozoides e dous óvulos. Explícase normalmente da seguinte maneira:
- Orixínase durante a combinación na concepción de dous óvulos fecundados (cigotos). Os dous óvulos da nai foron fecundados por dous espermatozoides do pai. Un dos espermatozoides contiña o cromosoma X; o outro contiña un cromosoma Y. O resultado é a produción dun cigoto cun xenotipo XY e outro cigoto cun xenotipo XX. En circunstancias normais, os dous cigotos resultantes darían lugar a dous xemelgos fraternos. Porén, nos individuos 46,XX/46,XY, os dous cigotos fusionáronse pouco despois da fecundación e convertéronse nun só cigoto con dous tipos de células con combinacións cromosómicas distintas. Os cigotos fusiónanse o suficientemente cedo como para que non haxa risco de que se formen xemelgos siameses (unidos), senón que se forma un só individuo.[11] Variacións deste mecanismo son a fecundación dun óvulo e o seu primeiro ou segundo corpo polar por dous espermatozoides.[12]
Mosaicismo
[editar | editar a fonte]Interveñen eventos de non-disxunción meióticos ou mitóticos. O individuo orixínase a partir dun só cigoto. O cigoto resultante da fecundación dá lugar a dúas liñas celulares, dando lugar a un xenoma mixto debido á presenza dalgunhas células cun cariotipo 46,XX e outras cun cariotipo 46,XY. Cando se detecta que todos os cromosomas X proceden da nai, isto suxire que é un caso de mosaicismo máis que de quimerismo.[13][14]
Propuxéronse dous mecanismos teóricos polos cales podería aparecer o mosaico 46,XX/46,XY:
- Na 2ª división meiótica prodúcese non-disxunción orixinándose un ovocito 24,XX (ten un cromosoma X de máis respecto da dotación haploide). Despois este ovocito é fecundado por un espermatozoide normal 23,Y, orixinándose un cigoto 47,XXY. Despois o cigoto divídese e na primeira mitose unha célula filla perde un cromosoma X, creando a liña celular 46,XY, e a outra célula filla perde o Y, creando a liña celular 46,XX. O embrión con estas dúas liñas celulares será un mosaico 46,XX/46,XY.[13][14]
- Na embrioxénese temperán dun embrión 46,XY prodúcese non-disxunción mitótica simultaneamente do cromosoma X e do Y, xerándose unha liña celular 46,XX e outra 46,XY, mentres que a liña nulosómica para X perece.[13][14]
Signos e síntomas
[editar | editar a fonte]Físicos
[editar | editar a fonte]A condición 46,XX/46,XY quimérica ou en mosaico está asociada cun amplo espectro de presentacións físicas, con casos que van desde ter un fenotipo completamente normal de home ou de muller[7][8][9] a algúns casos que teñen síndrome ovotesticular (unha ou ambas as gónadas conteñen tanto tecido testicular coma ovárico). Debido a esta variación, os tests xenéticos son o único xeito de facer unha diagnose fiable.[15][16][17][6]
A existencia dun caso de 46,XX/46,XY é posible se hai unha observación directa dunha ou máis das características seguintes:
- Falo pequeno cun tamaño medio ente un clítoris e o pene.[6]
- Abertura uroxenital incompletamente pechada (vaxina pouco profunda).[6]
- Abertura da uretra anormal no perineo.[6]
Non se informou de ningún caso con ambos tipos de gónadas plenamente funcionais na mesma persoa, o tecido funcional adoita ser o tecido ovárico.[10] Na puberdade pode aparecer unha mestura de características de macho e femia. Algúns individuos desenvolverán características secundarias, como a formación de mamas (xinecomastia) durante a puberdade en fenotipos de macho, mentres que outras poden experimentar un afondamento da voz e desenvolvemento de pelo secundario.[10]
Tamén se observou segmentación da pel (distintas áreas na pel). Porén, esta característica non é exclusiva do quimerismo nin do mosaicismo 46,XX/46,XY, xa que tamén se observou noutros tipos de quimerismo.[6]
Cognitivos
[editar | editar a fonte]As persoas con esta condición non presentan problemas cognitivos.[4]
Diagnose
[editar | editar a fonte]O diagnóstico dunha quimera ou mosaico é especialmente difícil debido á distribución aleatoria das células 46,XX e 46,XY no corpo. Nunha quimera un órgano podería conter unha mestura de células 46,XX e 46,XY, pero podería tamén estar constituído enteiramente por un só xenotipo. Cando é este o caso, non se nota ningunha anormalidade e deberán analizarse outros tipos de tecidos.[12] As análises de sangue poderían indicar a presenza de glóbulos vermellos de diferentes grupos sanguíneos.[4]
Antes do nacemento poden observarse os xenitais ambiguos por medio de imaxes de ultrasóns.[12] O cariotipo podería tamén observarse por amniocentese[12] ou mostras de sangue umbilical.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Khan, Mansura; Moniruzzaman, Mohammad; Mohsin, Fauzia; Chowdhury, Ashesh K (2018-10-15). "A 46, XX / 46, XY mosaicism or chimerism diagnosed by Karyotyping". Bangladesh Critical Care Journal 6 (2): 111–113. ISSN 2307-7654. doi:10.3329/bccj.v6i2.38591.
A presenza tanto de liñas celulares 46,XX coma 46,XY nunha persoa coñécese como quimerismo ou mosaicismo. Unha quimera é un individuo con dúas ou máis liñas celulares derivadas de diferenes cigotos. Por outra parte, no mosaicismo dúas ou máis liñas celulares proceden do mesmo cigoto como resultado de non-disxunción durante a división mitótica.
- ↑ Liao, Can; Yang, Xin; Pan, Min; Li, Dong-Zhi (2008-01-01). "A 46,XY/46,XX mosaicism diagnosed at amniocentesis: another case report". Prenatal Diagnosis (en inglés) 28 (1): 65–66. ISSN 0197-3851. PMID 18058977. doi:10.1002/pd.1908.
A gran maioría destes casos son o resultado da contaminación por células maternas nun feto masculino que polo demais é normal. Ocasionalmente, a presenza e liñas celulares 46,XX e 46,XY son un verdadeiro quimerismo ou mosaicismo … Este resultado suxire máis o mosaicismo
- ↑ Yaron, Yuval; Feldman, Baruch; Kramer, Ralph L.; Kasperski, Stefanie B.; Vo, Trieu; Feldman, Gerald L.; Johnson, Mark P.; Evans, Mark I.; Ebrahim, Salah A.D. (1999-05-07). "Prenatal diagnosis of 46,XY/46,XX mosaicism: A case report". American Journal of Medical Genetics (en inglés) 84 (1): 12–14. ISSN 0148-7299. doi:10.1002/(SICI)1096-8628(19990507)84:1<12::AID-AJMG3>3.0.CO;2-U.
Isto indica que os tres cromosomas X en ambas as liñas fetais son de orixe materna. Este resultado suxire máis o mosaicismo, xa que, por definición, a liña celular 46,XX nunha quimera orixina a partir dun cigoto feminino normal e debe haber un cromosoma X paterno.
- 1 2 3 4 Aruna, N; Purushottam, RM; Rajangam, S (2006). "46,XX/46,XY chimerism - a case report". J Anat Soc India 55 (1): 24–26.
- ↑ Jarmińska-Jackowiak, T; Warenik-Szymankiewicz, A; Trzeciak, WH (1995). "Anti-Mullerian hormone. Structure and role in sexual differentiation". Ginekol Pol 66 (1): 51–8. PMID 8522216.
- 1 2 3 4 5 6 Fitzgerald, PH; Donald, RA; Kirk, RL (1979). "A true hermaphrodite dispermic chimera with 46, XX and 46, XY karyotypes". Clin Genet 15 (1): 89–96. PMID 759058. doi:10.1111/j.1399-0004.1979.tb02032.x.
- 1 2 Schoenle, E (1983). "46,XX/46,XY chimerism in a phenotypically normal man" (PDF). Hum Genet 64 (1): 86–89. PMID 6575956. doi:10.1007/bf00289485.
- 1 2 Binkhorst, Mathijs; de Leeuw, Nicole; Otten, Barto J. (xaneiro de 2009). "A healthy, female chimera with 46,XX/46,XY karyotype". Journal of Pediatric Endocrinology & Metabolism 22 (1): 97–102. ISSN 0334-018X. PMID 19344081. doi:10.1515/jpem.2009.22.1.97.
- 1 2 Gencík, A.; Genciková, A.; Hrubisko, M.; Mergancová, O. (1980). "Chimerism 46,XX/46,XY in a phenotypic female". Human Genetics 55 (3): 407–408. ISSN 0340-6717. PMID 7203474. doi:10.1007/bf00290226.
- 1 2 3 Malan, V; Gesny, R; Morichon-Delvallez, N; Aubry, MC; Benachi, A; Sanlaville, D; Turleau, C; Bonnefont, JP; Fekete-Nihoul, C (2007). "Prenatal diagnosis and outcome of a 46,XX/46,XY chimera: a case report". Hum Reprod 22 (4): 1037–1041. PMID 17272360. doi:10.1093/humrep/del480.
- ↑ Niu, DM; Pan, CC; Lin, CY; Hwang, BT; Chung, MY (2002). "Mosaic or chimera? revisiting an old hypothesis about the cause of 46,XX/46,XY hermaphrodite". J Pediatr 140 (6): 732–735. PMID 12072878. doi:10.1067/mpd.2002.124321.
- 1 2 3 4 Chen, CP; Chern, SR; Sheu, JC; Lin, SP; Hsu, CY; Chang, TY; Lee, CC; Wang, W; Chen, CH (2005). "Prenatal diagnosis, sonographic findings and molecular genetic analysis of a 46,XX/46,XY true hermaphrodite chimera". Prenat Diagn 25 (6): 502–506. PMID 15966046. doi:10.1002/pd.1181.
- 1 2 3 Can Liao, Xin Yang, Min Pan and Dong-Zhi Li. A 46,XY/46,XX mosaicism diagnosed at amniocentesis: another case report. Prenatal Diagnosis 2008; 28: 65–66. Publicado on line o 4 de decem bro de 2007 en Wiley InterScience (www.interscience.wiley.com) DOI: 10.1002/pd.1908
- 1 2 3 Yaron Y, Feldman B, Kramer RL, Kasperski SB, Vo T, Feldman GL, Johnson MP, Evans MI, Ebrahim SA. Prenatal diagnosis of 46,XY/46,XX mosaicism: a case report. Am J Med Genet. 7 de maio de 1999;84(1):12-4. PMID 10213039 .
- ↑ Shah, V. C.; Krishna Murthy, D. S.; Roy, S.; Contractor, P. M.; Shah, A. V. (novembro de 1982). "True hermaphrodite: 46, XX/46, XY, clinical cytogenetic and histopathological studies". Indian Journal of Pediatrics 49 (401): 885–890. ISSN 0019-5456. PMID 7182365. doi:10.1007/bf02976984.
- ↑ Farag, T I; Al-Awadi, S A; Tippett, P; el-Sayed, M; Sundareshan, T S; Al-Othman, S A; el-Badramany, M H (decembro de 1987). "Unilateral true hermaphrodite with 46,XX/46,XY dispermic chimerism.". Journal of Medical Genetics 24 (12): 784–786. ISSN 0022-2593. PMC 1050410. PMID 3430558. doi:10.1136/jmg.24.12.784.
- ↑ Amrani, M.; Renoirte, P. (1990). "[True hermaphroditism. Late diagnosis. Surgical treatment and a 15-year follow-up]". Chirurgie Pédiatrique 31 (4–5): 279–283. ISSN 0180-5738. PMID 2083468.