365 días (filme)
| 365 días | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
365 días[1] (en polaco: 365 dni) é un filme polaco de 2020 dirixido por Barbara Białowąs e Tomasz Mandes. Baséase na primeira novela da triloxía de Blanka Lipińska, e conta a historia dunha muller de Varsovia (Anna-Maria Sieklucka) que se namora dun dominante home siciliano (Michele Morrone), que a encarcera e impón un período de 365 días para namorarse del.
365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 7 de xuño de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego, traducido por Jeiry Castellano.[2] Rapidamente gañou a atención mundial, converténdose no filme máis visto en territorios de todo o mundo, incluído nos Estados Unidos. A pesar desta popularidade, o filme recibiu críticas universalmente negativas, especialmente dirixidas á súa glorificación da mafia e o uso intensivo de secuencias sexuais que inclúen a violencia sexual, facendo comparacións coa triloxía de Fifty Shades of Grey. A súa secuela, titulada 365 días: Aquel día, estreouse en Netflix o 27 de abril de 2022.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
- Anna-Maria Sieklucka como Laura Biel
- Michele Morrone como Escudero "Massimo"
- Bronisław Wrocławski como Mario
- Otar Saralidze como Domenico
- Magdalena Lamparska como Olga
- Natasza Urbańska como Anna
- Grażyna Szapołowska como Klara Biel
- Tomasz Stockinger como Tomasz Biel
- Gianni Parisi como pai de Massimo
- Mateusz Łasowski como Martin
- Blanka Lipińska como a esposa[3]
Estrea
[editar | editar a fonte]365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020, recadando 9 millóns de dólares.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "365 días". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Manuel Arca Castro (ed.). "365 días en galego en Netflix". Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ "365 dni" – vía www.filmweb.pl.
- ↑ "365 Days (2020)". Box Office Mojo. Consultado o 12 de xuño de 2020.