300: Rise of an Empire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
300: Rise of an Empire
Título orixinal {{{títuloorixinal}}}
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Noam Murro
Produtor Gianni Nunnari, Mark Canton, Zack Snyder, Deborah Snyder, Bernie Goldmann
Guión Zack Snyder, Kurt Johnstad
Baseado en Xerxes (inédito)[1][2]
Intérpretes Sullivan Stapleton, Eva Green, Lena Headey, Hans Matheson, Rodrigo Santoro
Música Junkie XL[3]
Fotografía {{{fotografía}}}
Montaxe Wyatt Smith, David Brenner
Estudio Legendary Pictures, Cruel and Unusual Films
Distribuidor Warner Bros. Pictures
Ano Flag of the United States.svg 4 de marzo de 2014; comercial: 7 de marzo de 2014
Duración 102 minutos[4]
País Estados Unidos
Xénero {{{xénero}}}
Orzamento $100 millóns[5]
Recadación $132 850 000[5]
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

300: Rise of an Empire é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Noam Murro, secuela do filme de 2007 300, que acontece antes, durante e despois dos sucesos que aparecían nesa película e mais cunha reconstrución ficticia da batalla de Salamina.[6]Baséase na novela gráfica inédita de Frank Miller, Xerxes. O director do filme orixinal, Zack Snyder, traballou como guionista e produtor desta volta.

Eva Green, a protagonista feminina de 300:Rise of an Empire

No repartimento figuran Lena Headey, Rodrigo Santoro, David Wenham e Andrew Tiernan que repiten os papeis que tiñan no filme orixinal, xunto con Sullivan Stapleton, Eva Green, Hans Matheson, Callan Mulvey e Jack O'Connell. A súa estrea comercial, en 3D e IMAX 3D foi o 7 de marzo de 2014.[7][8] O compositor da música do filme foi Junkie XL.[9]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Gorgo (Lena Headey), raíña de Esparta, cóntalles aos seus homes da batalla de Maratón, na que o rei Darío I (Yigal Naor) de Persia morreu a mans do xeneral Temístocles (Sullivan Stapleton) de Atenas, o seu fillo Xerxes (Rodrigo Santoro), presenza a agonía de seu pai e antes de morrer este dálle o consello de non continuar a guerra, xa que "só os deuses poden derrotar os gregos". A comandante da frota de Darío Artemisia (Eva Green), consola a Xerxes afirmando que as derradeiras palabras de Darío eran un desafío, se como rei non pode derrotar os gregos, terá que o facer como deus e emprende unha viaxe ao longo do deserto ata que chega a unha cova onde se baña nun líquido áureo, emerxendo o Deus-rei, cumprida a súa misión volve a Persia e declara a guerra a Grecia. Mentres as forzas de Xerxes avanzan cara ás Termópilas, Temístocles reúnese co consello e convénceos para que lle suministren unha frota para se enfrontar cos persas no mar e logo marcha para Esparta para pedirlle axuda ao rei Leónidas, alí Dilios (David Wenham) infórmalle que o rei está consultando o oráculo, e que Gorgo é reticente a porse do lado dos gregos. Temístocles entón fala co seu vello amigo Escila (Callan Mulvey) polo que coñece que Artemisa é grega de nacenza pero que se pasou aos persas logo que soldados gregos mataran os seus pais e violárana cando era unha nena, e que conquistou o seu lugar como comandante naval tras matar desapiadamente a varios dos inimigos de Darío.

Temístocles conduce os seus homes, entre eles Escilas, o fillo deste Calisto (Jack O'Connell) e a man dereita de Temístocles Esquilo (Hans Matheson) ao mar Exeo, dirixen os seus navíos contra dos barcos persas e cargan contra eles, matando moitos soldados antes de retirarse, o mesmo acontece o día seguinte, impresionada co labor de Temístocles, Artemisa sedúceo e ofrécelle un posto no seu exército, o que el rexeita e polo que ela xura vinganza.

Soldados persas enchen o mar de alcatrán e homes con bombas infíltranse nos barcos gregos, Artemisa e os seus homes lanzan fachos e frechas ardendo para que exploten, pero Temístocles mata un dos soldados, que cae no alcatrán levando un facho, o que causa que navíos das dúas frotas exploten. Por causa da explosión Temítocles cae ao mar e case afoga pero Calisto logra rescatalo. Artemisa e as súas forzas retíranse ao crelo morto.

A Temístocles chéganlle as novas que Xerxes matou a Leónidas e os seus 300 e volve a Atenas para coñecer por medio de Efialtes (Andrew Tiernan), o espartano traidor, os plans de Xerxes para atacar Atenas.

Repartimento[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

En xuño de 2008 os produtores Gianni Nunnari, Mark Canton e Bernie Goldmann deron a coñecer que comezaran a traballar nunha secuela do filme 300.[11] e Legendary Pictures anunciou que Frank Miller, o autor da novela gráfica na que se baseaba a película, estaba a escribir unha secuela dela, e que Zack Snyder, o director de 300, estaba interesado en dirixir a adaptación, pero ao final optou por traballar en Man of Steel.[12][13]. Elixiuse logo a Noam Murro como director mentres Snyder mantiña un posto como produtor. O argumento do filme íase centrar no grego Temístocles interpretado polo actor australiano Sullivan Stapleton.[14]

Durante a preprodución o filme levaba o título de 300: Battle of Artemisium;[15] e en setembro de 2012 recibiu o seu título definitivo, 300: Rise of an Empire.[16] A filmación principiou a primeiros do mes de xullo de 2012 nos estudios Nu Boyana Film en Sofía, (Bulgaria).[17] A estrea foi o 5 de marzo de 2014 no TCL Chinese Theatre[18] e a explotación comercial comezou o 7 dese mes.

Recepción[editar | editar a fonte]

300: Rise of an Empire recibiu críticas variadas, así no agregador especializado Rotten Tomatoes, o filme conta cunha avaliación do 43%, cunha puntuación media de 4,9/10, baseado en datos de 136 críticos, e amosa o consenso que pese á boa interpretación de Eva Green é un paso atrás do filme predecesor[19] Noutro agregador Metacritic conta cunha puntuación de 47/100 baseado en datos de 30 críticos.[20]

Todd Gilchrist de The Wrap deulle ao filme unha crítica negativa[21] Todd McCarthy de The Hollywood Reporter tamén lle deu unha crítica negativa [22] Scott Foundas de Variety deulle unha crítica positiva, entretido que funciona ben, pero sen as resonancias míticas que tiña 300"[10] Kyle Smith of the New York Post deulle dúas estrelas e medio sobre catro, relacionando o filme con Conan the Barbarian."[23] Richard Roeper deulle catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que é unha gran produción brillantemente feita[24] James Rocchi de Film.com deulle unha puntuación de 0 sobre 10, afirmando que era unha broma en 3D."[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schaefer, Sandy. «First Look At ’300′ Prequel Comic Book». ScreenRant. Consultado o February 1, 2013. 
  2. Sitterson, Aubrey. «Comic-Con 2011: Xerxes Is Now 300: Battle of Artemisia». UGO Networks. Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  3. «Junkie XL score composer for 300: Rise of an Empire». 300themovie.com. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  4. «300: RISE OF AN EMPIRE (15)». Warner Bros. British Board of Film Classification. 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  5. 5,0 5,1 «300: Rise of An Empire (2014)». Box Office Mojo. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  6. «Rodrigo Santoro Back For 300 Sequel?». Empireonline.com. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  7. «300: Rise of an Empire and All You Need is Kill Pushed Back». ComingSoon. 
  8. «IMAX and Warner Bros. Partner to Bring 20 New Pictures to IMAX® Theatres». IMAX. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  9. «Junkie XL Scoring ’300: Rise of an Empire’». Filmmusicreporter.com. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  10. 10,0 10,1 Scott Foundas Chief Film Critic @foundasonfilm (3 de marzo de 2014). «’300: Rise of an Empire’ Review: Eva Green Stars in Entertaining Sequel». Variety. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  11. Frosty (25 de xuño de 2008). «Producers Mark Canton, Gianni Nunnari and Bernie Goldmann Exclusive Video Interview». Collider.com. Arquivado dende o orixinal o June 28, 2008. Consultado o 26 de xuño de 2008. 
  12. Diane Garrett (29 de xuño de 2008). «New 300 rallies troops». Variety (Reed Business Information). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2008. 
  13. Mike Fleming (27 de xuño de 2011). «'Xerxes' Pic Down To Noam Murro And Jaume Collett-Serra For '300' Spinoff». Deadline Hollywood. Consultado o 27 de xuño de 2011. 
  14. «'300' The Prequel: Meet The New Xerxes». Moviepilot.com. 8 de febreiro de 2012. Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  15. «300 Follow-Up Gets Official Title | Movie News | Empire». Empireonline.com. Consultado o October 8, 2012. 
  16. Kit, Borys (13 de setembro de 2012). «Warner Bros. Gives '300' Sequel a New Title». The Hollywood Reporter. Consultado o 13 de setembro de 2012. 
  17. «A James Bond girl arrives in Bulgaria». EuroPost. 13 de xullo de 2012. Consultado o 16 de xullo de 2012. 
  18. Johns, Nikara (5 de marzo de 2014). «‘Unapologetic,’ ‘Strong’ Female Leads Praised at ’300: Rise of an Empire’ Premiere». Variety. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  19. «300: Rise of an Empire (2014)». Rotten Tomatoes. Consultado o 4 de marzo de 2014. 
  20. «300: Rise of an Empire». Metacritic. Consultado o 4 de marzo de 2014. 
  21. «'300: Rise of An Empire' Review: More of the Same, But Slightly Less». TheWrap. 3 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  22. «300: Rise of an Empire: Film Review». The Hollywood Reporter. 3 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  23. Smith, Kyle (26 de febreiro de 2014). «March into battle with ‘300: Rise of an Empire’ | New York Post». Nypost.com. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  24. «300: Rise of an Empire” Review». RichardRoeper.com. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  25. The 100 Best Movie Scenes of 2013. «Review: ’300: Rise Of An Empire’». Film.com. Consultado o 8 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]