300: A orixe dun imperio,[1] (en inglés:300: Rise of an Empire), é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Noam Murro, secuela do filme de 2007 300, que acontece antes, durante e despois dos sucesos que aparecían nesa película e mais cunha reconstrución ficticia da batalla de Salamina.[2] Baséase na novela gráfica inédita de Frank Miller, Xerxes. O director do filme orixinal, Zack Snyder, traballou como guionista e produtor desta volta.
Eva Green, a protagonista feminina de 300:Rise of an Empire
Gorgo (Lena Headey), raíña de Esparta, cóntalles aos seus homes da batalla de Maratón, na que o rei Darío I (Yigal Naor) de Persia morreu a mans do xeneral Temístocles (Sullivan Stapleton) de Atenas, o seu fillo Xerxes (Rodrigo Santoro), presenza a agonía de seu pai e antes de morrer este dálle o consello de non continuar a guerra, xa que "só os deuses poden derrotar os gregos". A comandante da frota de Darío Artemisia (Eva Green), consola a Xerxes afirmando que as derradeiras palabras de Darío eran un desafío, se como rei non pode derrotar os gregos, terá que o facer como deus e emprende unha viaxe ao longo do deserto ata que chega a unha cova onde se baña nun líquido áureo, emerxendo o Deus-rei, cumprida a súa misión volve a Persia e declara a guerra a Grecia. Mentres as forzas de Xerxes avanzan cara ás Termópilas, Temístocles reúnese co consello e convénceos para que lle subministren unha frota para se enfrontar cos persas no mar e logo marcha para Esparta para pedirlle axuda ao rei Leónidas, alí Dilios (David Wenham) infórmalle que o rei está consultando o oráculo, e que Gorgo é reticente a porse do lado dos gregos. Temístocles entón fala co seu vello amigo Escila (Callan Mulvey) polo que coñece que Artemisa é grega de nacenza pero que se pasou aos persas logo que soldados gregos mataran os seus pais e violárana cando era unha nena, e que conquistou o seu lugar como comandante naval tras matar desapiadamente a varios dos inimigos de Darío.
Temístocles conduce os seus homes, entre eles Escilas, o fillo deste Calisto (Jack O'Connell) e a man dereita de Temístocles Esquilo (Hans Matheson) ao mar Exeo, dirixen os seus navíos contra dos barcos persas e cargan contra eles, matando moitos soldados antes de retirarse, o mesmo acontece o día seguinte, impresionada co labor de Temístocles, Artemisa sedúceo e ofrécelle un posto no seu exército, o que el rexeita e polo que ela xura vinganza.
Soldados persas enchen o mar de alcatrán e homes con bombas infíltranse nos barcos gregos, Artemisa e os seus homes lanzan fachos e frechas ardendo para que exploten, pero Temístocles mata un dos soldados, que cae no alcatrán levando un facho, o que causa que navíos das dúas frotas exploten. Por causa da explosión Temítocles cae ao mar e case afoga pero Calisto logra rescatalo. Artemisa e as súas forzas retíranse ao crelo morto.
A Temístocles chéganlle as novas que Xerxes matou a Leónidas e os seus 300 e volve a Atenas para coñecer por medio de Efialtes (Andrew Tiernan), o espartano traidor, os plans de Xerxes para atacar Atenas.
En xuño de 2008 os produtores Gianni Nunnari, Mark Canton e Bernie Goldmann deron a coñecer que comezaran a traballar nunha secuela do filme 300.[7] e Legendary Pictures anunciou que Frank Miller, o autor da novela gráfica na que se baseaba a película, estaba a escribir unha secuela dela, e que Zack Snyder, o director de 300, estaba interesado en dirixir a adaptación, pero ao final optou por traballar en O home de aceiro.[8][9]. Elixiuse logo a Noam Murro como director mentres Snyder mantiña un posto como produtor. O argumento do filme íase centrar no grego Temístocles interpretado polo actor australiano Sullivan Stapleton.[10]
Durante a preprodución o filme levaba o título de 300: Battle of Artemisium;[11] e en setembro de 2012 recibiu o seu título definitivo, 300: Rise of an Empire.[12] A filmación principiou a primeiros do mes de xullo de 2012 nos estudios Nu Boyana Film en Sofía, (Bulgaria).[13] A estrea foi o 5 de marzo de 2014 no TCL Chinese Theatre[14] e a explotación comercial comezou o 7 dese mes.
300: Rise of an Empire recibiu críticas variadas, así no agregador especializado Rotten Tomatoes, o filme conta cunha avaliación do 43%, cunha puntuación media de 4,9/10, baseado en datos de 136 críticos, e amosa o consenso que pese á boa interpretación de Eva Green é un paso atrás do filme predecesor[15] Noutro agregador Metacritic conta cunha puntuación de 47/100 baseado en datos de 30 críticos.[16]
Todd Gilchrist de The Wrap deulle ao filme unha crítica negativa[17] Todd McCarthy de The Hollywood Reporter tamén lle deu unha crítica negativa [18] Scott Foundas de Variety deulle unha crítica positiva, entretido que funciona ben, pero sen as resonancias míticas que tiña 300"[6] Kyle Smith of the New York Post deulle dúas estrelas e medio sobre catro, relacionando o filme con Conan the Barbarian."[19]Richard Roeper deulle catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que é unha gran produción brillantemente feita[20] James Rocchi de Film.com deulle unha puntuación de 0 sobre 10, afirmando que era unha broma en 3D."[21]