28.ª División (Exército Popular da República)
| 28.ª División | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Rama militar
| |
|
Composto por
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Comandado por
| |
|
Lealdade
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Substitúe a
| |
|
Conflito
| |
| Localización | |
|
País
| |
| Wikidata |
A 28ª División foi unha das divisións do Exército Popular da República que se organizaron durante a guerra civil española sobre a base das Brigadas Mixtas. Estivo despregada nas frontes de Aragón e Segre.
Historia
[editar | editar a fonte]A unidade foi creada en abril de 1937 a partir da antiga columna «Ascaso», mandada polo anarquista Gregorio Jover.[1][2] Ademais das forzas procedentes da columna «Ascaso», a nova 28.ª División absorbera tamén os restos doutras forzas milicianas e pasou a estar composta polas brigadas mixtas 125.ª, 126.ª e 127.ª. Seguiu baixo o mando de Jover.[3][4]
A 28ª División permaneceu na Fronte de Aragón durante boa parte da contenda. En xuño de 1937 tomou parte na fracasada ofensiva sobre Huesca, e a finais de agosto unha das súas unidades —a 127.ª BM— tomou parte na ofensiva de Zaragoza. En febreiro de 1938 interviu nos combates da batalla do Alfambra. Durante a posterior ofensiva franquista na Fronte de Aragón, a unidade encadeou varias retiradas ante a presión inimiga. Tomou parte nos combates de Levante integrada no XIII Corpo de Exército,[5] sendo posteriormente trasladada á fronte de Estremadura, onde participou nos contraataques republicanos contra a ofensiva emprendida polo exército de Queipo de Llano. En xaneiro de 1939 participou na ofensiva de Valsequillo, integrada na Agrupación «Toral».[6]
Mandos
[editar | editar a fonte]- Comandantes
- Maior de milicias Gregorio Jover,[7][8] desde abril de 1937;
- Maior de milicias Juan Mayordomo[9] desde o 11 de agosto de 1938;[10]
- Comisario
- Adolfo Arnal García, da CNT;[10]
- Pedro Fernández Alonso, da CNT;[11]
- Xefe de Estado Maior
- Comandante de infantaría Ramón Rodríguez Bosmediano;
Orde de batalla
[editar | editar a fonte]| Data | Corpo de Exército adscrito | Brigadas Mixtas integradas | Fronte de batalla |
|---|---|---|---|
| Maio-xuño de 1937 | X Corpo de Exército | 125.ª, 126.ª e 127.ª | Aragón |
| Decembro de 1937 | XXI Corpo de Exército | 125.ª, 126.ª e 127.ª | Aragón |
| Abril de 1938 | XIII Corpo de Exército | 125.ª, 126.ª e 127.ª | Levante |
| Agosto de 1938 | VII Corpo de Exército | 125.ª, 126.ª e 127.ª | Estremadura |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maldonado 2007, p. 171.
- ↑ Gabriel 2011, p. 331.
- ↑ Casanova 1985, p. 114.
- ↑ Maldonado 2007, p. 170.
- ↑ Salas Larrazábal 2006, p. 3050.
- ↑ Alpert 2013, p. 338.
- ↑ Thomas 1976, p. 594.
- ↑ Martínez Bande 1985, p. 38.
- ↑ 10,0 10,1 Engel 1999, p. 211.
- ↑ Álvarez 1989, p. 180.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alpert, Michael (2013). The Republican Army in the Spanish Civil War, 1936-1939. Cambrige University Press.
- Álvarez, Santiago (1989). Los comisarios políticos en el Ejército Popular de la República. Ediciós do Castro.
- Casanova, Julián (1985). Anarquismo y revolución en la sociedad rural aragonesa, 1936-1938. Siglo XXI Editores.
- Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena. 84-922644-7-0.
- Gabriel, Pere (2011). Historia de la UGT IV. Un sindicalismo en guerra (1936-1939). Siglo XXI de España Editores.
- Juan Navarro, Ramón (2010). Resistir es vencer. El frente de Viver en la Guerra Civil española. Lulu.com. ISBN 978-1-4466-9664-4.
- Maldonado, José M.ª (2007). El frente de Aragón. La Guerra Civil en Aragón (1936–1938). Mira Editores. ISBN 978-84-8465-237-3.
- Martínez Bande, José Manuel (1985). El Final de la guerra civil. Madrid: Ed. San Martín.
- Salas Larrazábal, Ramón (2006). Historia del Ejército Popular de la República. La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-465-0.
- Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 9788497598323.
- Zaragoza, Cristóbal (1983). Ejército Popular y Militares de la República, 1936-1939. Barcelona: Ed. Planeta.