22D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

22D foi o nome dun prototipo de mísil terra-aire supersónico desenvolto pola Unión Soviética, construído por Lyulev e probado en 1963. Tivo como precedente ó 17D e 18D, pero a diferenza destes a propulsión principal non estaba baseada en propelente sólido, senón que usaba motores ramjet de propelente líquido e usaba tres etapas en lugar de dúas. O mísil era acelerado en primeiro lugar por dous foguetes propulsores adicionais de propelente sólido (un a cada lado do corpo principal) para alcanzar a velocidade necesaria para facer funcionar os motores ramjet, despois do cal eran exectados. As probas cos prototipos finalizaron en 1966. Desenvolvementos posteriores deron lugar ó mísil 2K11 Krug, en produción.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Wade, Mark (2011). "22D" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]