20 Million Miles to Earth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

20 Million Miles to Earth
20 million miles to earth (1957) Ymir.png
Ficha técnica
DirectorNathan Juran
ProdutorCharles H. Schneer
GuiónBob Williams
Christopher Knopf
Baseado enunha idea orixinal
de Charlott Knight
e Ray Harryhausen
IntérpretesWilliam Hopper
Joan Taylor
Frank Puglia
MúsicaMischa Bakaleinikoff
FotografíaIrving Lippman
Carlo Ventimiglia
MontaxeEdwin Bryant
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaFlag of the United States.svg xuño de 1957
Duración85 min.
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción

20 Million Miles to Earth (a.k.a. The Beast from Space) é unha película estadounidense de ciencia ficción rodada en branco e negro por Nathan Juran en 1957. Está protagonizada por William Hopper, Joan Taylor e Frank Puglia. Ambientada en Italia, conta a historia dun monstro procedente de Venus. O guión escrito por Bob Williams e Christopher Knopf a partir dunha idea orixinal de Charlott Knight e Ray Harryhausen.[1] Producida por Morningside Productions para Columbia Pictures, como noutras películas froito da colaboración entre Charles H. Schneer e Columbia, a acción incorpora a animación en stop motion característica de Ray Harryhausen.

Argumento[editar | editar a fonte]

Un foguete espacial estrélase no mar preto da costa siciliana perante a estupefacta mirada duns pescadores que reman cara a nave na procura de superviventes, rescatan a dous dos tripulantes antes de que o foguete se afunda por completo. O coronel Bob Calder, piloto da nave, é un dos sobreviventes e Marisa, estudante de medicina, será quen atenda os feridos. A nave espacial regresa de Venus e no seu interior transportaba un contedor selado.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • William Hopper como o coronel Robert Calder
  • Joan Taylor como Marisa
  • Frank Puglia como o doutor Leonardo
  • John Zaremba como o doutor Judson Uhl
  • Thomas Browne Henry como o Major General A.D. McIntosh
  • Tito Vuolo como o comisario de policía Unte
  • Jan Arvan como Contino
  • Arthur Space como o doutor Sharman
  • Bart Bradley como Pepe, o neno
  • Ray Harryhausen como un home no zoolóxico (non aparece nos títulos de crédito)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Steven Utley. "Film Review: 20 Million Miles to Earth". Bewilderingstories.com (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]