1917 (filme de 2019)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

1917
1917logo.svg
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal1917
DirectorSam Mendes
Produtor
Guión
Intérpretes
MúsicaThomas Newman
FotografíaRoger Deakins
MontaxeLee Smith
Estudio
Distribuidora
EstreaLondres: 4 de decembro de 2019
Flag of the United States.svg 25 de decembro de 2019
Flag of the United Kingdom.svg 10 de xaneiro de 2020
Galicia 21 de xuño de 2022 (TVG)
Duración119 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento90–100 millóns de dólares[2][3]
Recadación368,3 millóns de dólares[4][5]
Na rede
https://www.1917.movie/
IMDB: tt8579674 Filmaffinity: 145446 Allocine: 265567 Rottentomatoes: m/1917_2019 Mojo: 1917 Allmovie: v718464 Metacritic: movie/1917
Twitter: 1917 Editar o valor em Wikidata

1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Está baseado en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.[6] O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.

O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.[7][8][9]

1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.

Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG.[10] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[11]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Voz en galego de Nacho Castaño.[11]
Voz en galego de Dami Lema.[11]
Voz en galego de Antón Rubal.[11]
Voz en galego de César Cambeiro.[11]
  • Chris Walley como Soldado Bullen
  • Nabhaan Rizwan como Sepoy Jondalar
  • Michael Cornelius como Soldado Cornelius

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1917". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2019. 
  2. Siegel, Tatiana (26 de decembro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "Making of '1917': How Sam Mendes Filmed a "Ticking Clock Thriller"". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2019. Consultado o 26 de decembro de 2019. 
  3. Lang, Brent (10 de xaneiro de 2020). "Box Office: 1917 Picks Up Impressive $3.2 Million in Previews, Kristen Stewart's Underwater Bombing". Variety. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  4. IMDb (ed.). "1917 (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  5. "1917 (2019) - Financial Information". The Numbers. Nash Information Services, LLC. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2020. 
  6. Simon, Scott (21 de decembro de 2019). "It Was Part Of Me": Director Sam Mendes On The Family History In '1917'". www.ktep.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2019. Consultado o 25 de decembro de 2019. 
  7. Libbey, Dirk (15 de xaneiro de 2020). CinemaBlend, ed. "Why 1917 Director Sam Mendes Broke The One Shot Format For That Scene" (en inglés). Portland, Oregón. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  8. Sims, David (3 de xaneiro de 2020). "1917 Is a Visual Feat and a Bad Movie". The Atlantic. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  9. Hertz, Barry (26 de decembro de 2019). "Let's talk about 1917's 'one-shot' conceit, and the line between gimmick and greatness". Globe and Mail (en inglés). Toronto. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  10. @manuelarcatrad, ed. (19 de xuño de 2022). "Programación da TVG. 1917 en galego". Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 @Cinemarfilms, ed. (21 de xuño de 2022). "Dobraxe de 1917 por Cinemar Films". Consultado o 22 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]