Saltar ao contido

10199 Chariklo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
10199 Chariklo
 Instancia de
 Epónimo
 Caracterizado por
 Designación provisional
1997 CU26 Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Astro fillo
 Grupo menor
 Tipo espectral de asteroide
Características orbitais
Apoapse18,419615276056 AU Editar o valor en Wikidata
Periastro13,060287930571 AU Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro241,22422901252 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,17024599187321 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital23,430324067642 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital63,05 a e 22.808,856656989 DD Editar o valor en Wikidata
Período de rotación7,004 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior15,739951603314 AU Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente300,47523795144 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media126,96078923956 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.452.956,5265477 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro249,6 km e 302 km Editar o valor en Wikidata
Radio143 km Editar o valor en Wikidata
Albedo0,037 e 0,045 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente18,3 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta6,7 e 6,55 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
15 de febreiro de 1997 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización descubrimento
Identificadores
Freebase/m/0brxqw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

10199 Chariklo (designación provisional:1997 CU26) é o centauro máis grande do que se ten coñecemento. Orbita o noso Sol entre Saturno e Urano. O 26 de marzo do 2014, uns astrónomos anunciaron o descubrimento duns aneis ó redor de Chariklo grazas á observación dunha ocultación estelar.[1][2]

Chariklo foi descuberta por James V. Scotti do programa Spacewatch o 15 de febreiro do 1997. Chariklo recibe o seu nome da ninfa Cariclo, a muller de Caronte e filla de Apolo.

Un estudo fotométrico do 2001 non foi incapaz de atopar un período definido de rotación.[3] Observacións do espectro infravermello de Chariklo indican a presenza de xeo de auga,[4] a cal podería estar localizada nos seus aneis.[5] A páxina web de Mike Brown catalógao coma un posible candidato a planeta anano, cun diámetro de 232 km.[6]

Se alguén sabe a magnitude absoluta (H) e o albedo dun obxecto, pode estima-lo seu tamaño. Pero coma os centauros son corpos semellantes ós cometas de xeo, os cales poden estar expulsando gas, fai moi difícil a estimación dos seus albedos. Ademais, é tamén probable que o albedo dalgúns centauros varíe co tempo e cos seus niveis de actividade.

Cunha magnitude absoluta (H) de 6,4[7] e un albedo de 0,06,[8] Chariklo é actualmente a maior centauro coñecido cun diámetro estimado de 258 km.[8] 2060 Chiron (230 km / H = 6,5 / albedo = 0,07) é probablemente o segundo máis próximo en tamaño.[8] O centauro perdido 1995 SN55 (H = 6,0) podería ser incluso máis grande, cun diámetro estimado de case 300 km.

Chariklo fica dentro das 0,09 UA, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano.

Pénsase que os Centauros son orixinarios do cinto de Kuiper e que están en órbitas dinamicamente inestables, o cal vainos levar á expulsión do Sistema Solar, a acabar nun evento de colisión cun planeta ou co Sol, ou evolucionar cara a un cometa de período curto.[9]

A órbita de Chariklo é máis estable cás de Nessus, Chiron, e Pholus. Chariklo está dentro das 0,09 AU, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano e estímase que leva nesta órbita uns 10,3 millóns de anos.[10] Simulacións orbitais feitas con 20 ciclos da órbita de Chariklo, suxiren que Chariklo, a partir dos próximos 30 000 anos, non vai a achegarse con regularidade ás 3 UA (450Gm) de distancia respecto de Urano.[11]

Durante a súa oposición perihélica do 2003–4, Chariklo tivo unha magnitude aparente de +17,7.[12] A partir 2012, Chariklo está a 14,1 UA respecto do Sol.[13]

Artigo principal: Aneis de Chariklo.

Grazas a observación dunha ocultación estelar ocorrida no 2013, feita con sete telescopios diferentes, os astrónomos foron capaces de determinar que Chariklo ten polo menos dous aneis.[1] Este descubrimento foi publicado na revista Nature.[5][14][15] Isto fai de Chariklo o obxecto de menor tamaño que posúe aneis. Os aneis son probablemente confinados por lúas pastor que aínda non foron descubertas xirando ó redor de Chariklo.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 ESO (26-03-2014). European Southern Observatory, ed. "First Ring System Around Asteroid". Consultado o 26-03-2014. 
  2. Woo, Marcus (26-03-2014). "First Asteroid With Rings Discovere". National Geographic. Consultado o 26-03-2014. 
  3. Peixinho; Doressoundiram (09-11-2000). "Photometric study of Centaurs 10199 Chariklo (1997CU26) and 1999UG5". Arquivado dende o orixinal o 23-06-2007. Consultado o 09-11-2006. 
  4. Jewitt; Brown (17-04-2001). "Infrared Observations of Centaur 10119 Chariklo with possible surface variation" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29-11-2004. Consultado o 09-11-2006. 
  5. 5,0 5,1 Braga-Ribas,F.; Sicardy, B.; Ortiz, J. L.; Snodgrass, C.; Roques, F.; Vieira-Martins, R.; Camargo, J. I. B.; Assafin, M.; Duffard, R.; Jehin, E.; Pollock, J.; Leiva, R.; Emilio, M.; Machado, D. I.; Colazo, C.; Lellouch, E.; Skottfelt, J.; Gillon, M.; Ligier, N.; Maquet, L.; Benedetti-Rossi, G.; Gomes, A. R.; Kervella, P.; Monteiro, H.; Sfair, R.; Moutamid, M. E.; Tancredi, G.; Spagnotto, J.; Maury, A.; Morales, N.; (2014). "A ring system detected around the Centaur (10199) Chariklo". Nature. doi:10.1038/nature13155. 
  6. Michael E. Brown. California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 28-04-2012. 
  7. "JPL Small-Body Database Browser: 10199 Chariklo (1997 CU26)". 03-07-2008. Consultado o 21-10-2008. 
  8. 8,0 8,1 8,2 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot. "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". arXiv:astro-ph/0702538. 
  9. Sheppard, Scott S.; Jewitt, David C.; Trujillo, Chadwick A.; (2000). "A WIDE-FIELD CCD SURVEY FOR CENTAURS AND KUIPER BELT OBJECTS". The Astronomical Journal 120 (5): 2687–2694. Bibcode:2000AJ....120.2687S. arXiv:astro-ph/0008445. doi:10.1086/316805. Consultado o 21-02-2008. 
  10. Horner, J.; Evans, N.W.; Bailey, M. E.; (2004). "Simulations of the Population of Centaurs I: The Bulk Statistics". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 354 (3): 798–810. Bibcode:2004MNRAS.354..798H. arXiv:astro-ph/0407400. doi:10.1111/j.1365-2966.2004.08240.x. 
  11. "Twenty clones of Centaur 10199 Chariklo making passes within 450Gm". Arquivado dende o orixinal o 02-01-2014. Consultado o 09-05-2009.  (Solex 10) Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 10-05-2009.
  12. Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (10199) Chariklo (March 2003) Ephemerides". Consultado o 03-04-2009. 
  13. Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (10199) Chariklo Ephemerides". Consultado o 10-02-2010. 
  14. European Southern Observatory, ed. (26-03-2014). "First Ring System Around Asteroid". Consultado o 26-03-2014. 
  15. Gibney, E. (26-03-2014). "Asteroids can have rings too". Nature. doi:10.1038/nature.2014.14937. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]