"(If You're Wondering If I Want You to) I Want You to" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 18 de agosto do 2009 como primeiro sinxelo do seu álbum Raditude. Estreouse no número 21 da Billboard Rock Songs Chart, e na mesma posición na lista Alternative Songs. A canción foi tocada por vez primeira ao vivo o 23 de agosto do 2009 en Toronto, Ontario.