Łukasz Piszczek
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (pl) Łukasz Piotr Piszczek 3 de xuño de 1985 Czechowice-Dziedzice | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Polonia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Lateral e defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 26 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 24 de agosto de 2018 | Bundesliga de 2018–19 (pt) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Łukasz Piszczek, nado o 3 de xuño de 1985 en Czechowice-Dziedzice, é un futbolista polaco. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Borussia Dortmund. Anteriormente, xogou no Hertha BSC e no Zagłębie Lubin. Ademais, é internacional na selección de Polonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]En 2001, Piszczek chegou ao Gwarek Zabrze, co cal gañou o campionato júnior polaco en 2003. En 2004, converteuse no máximo goleador do Campionato de Europa sub-19, e xusto despois asinou co Hertha Berlin, sendo inmediatamente cedido ao Zagłębie Lubin. Co Zagłębie, gañou a liga polaca na tempada 2006–07, e xogou principalmente de interior esquerdo, aínda que tamén foi utilizado coma dianteiro centro en varias ocasións. Anotou 11 goles na tempada 2006–07, sendo o segundo máximo goleador do equipo.
En outono de 2007, o Hertha chamou ó xogador de volta. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 26 de abril de 2008, dándolle o empate ó seu equipo contra o Hannover 96. Na súa segunda tempada comezou a xogar de lateral dereito.
O 19 de maio de 2010, foise gratis ao Borussia Dortmund, asinando un contrato ata xuño de 2013.[1] O 26 de xullo de 2011, asinou unha extensión do seu contrato ata xuño do ano 2016.[2]
Selección
[editar | editar a fonte]Piszczek fixo a súa primeira aparición coa selección de Polonia nun amigable contra Estonia o 3 de febreiro de 2007. O 6 de xuño de 2008, foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008. Tan só xogou un partido contra Alemaña, pero se lesionou na sesión de adestramento para o seguinte partido, e non participou en ningún encontro máis.
Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]- Zagłebie Lubin
- Ekstraklasa: 1
- 2006–07
- Borussia Dortmund
- Bundesliga: 2
- 2011–12
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fligge, Sascha (19 de maio de 2010). "BVB: holt Lukasz Piszczek". Ruch Nachrichten (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 19 de maio de 2010.
- ↑ "Piszczek agrees extension". SkySports. 26 de xullo de 2011. Consultado o 3 de agosto de 2011.