Đorđe Marjanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaĐorđe Marjanović

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sr) Ђорђе Марјановић Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Kučevo, Serbia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Belgrado, Serbia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIugoslavia
Serbia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Belgrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica pop e música popular Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPGP-RTB Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0548191 Musicbrainz: b63d271f-97e5-47d1-b3f3-1964ed28065c Discogs: 564832 Editar o valor em Wikidata

Đorđe Marjanović, nado en Kučevo o 30 de outubro de 1931 e finado en Belgrado o 15 de maio de 2021,[1][2] foi un cantante serbio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Sveta Marjanović, con 15 anos estivo entre os civís que tras a invasión de Serbia polas potencias centrais no decurso da primeira guerra mundial marcharon co exército serbio na súa retirada ao longo de Albania[3]; o goberno serbio no exilio enviou estudar ao Reino Unido pero volveu sen rematar os estudos universitarios e traballou como empregado de banca ao volver a Kučevo. Súa nai morreu nove meses despois da nacenza de Đorđe e o neno criouno a súa avoa materna. Logo de rematar o ensino secundario estudou farmacia en Belgrado[4] sen chegar a rematar a carreira.

Marjanović durante a gravación dun programa para a televisión iugoslava en 1963

En 1954 actuou por primeira vez como cantante, foi nunha audición para cantantes afeccionados organizada pola Asociación de Músicos de Jazz de Serbia. Nos anos seguintes apareceu en festivais e concertos de música pop, normalmente cantando cancións gravadas por artitas iugoslavos como Duško Jakšić, Bruno Petrali ou Ivo Robić. A finais de 1957 comezou a cantar "Zvižduk u 8" escrita por Darko Kraljić nos primeiros anos da década, pero inédita, e que se convertería anos despois nun dos seus grandes éxitos e canción de referencia.[5] Pero foi en 1958 cando se deu a coñecer no espazo musical iugoslavo coa súa actuación no descanso dun concerto en Niš no que interpretou catro cancións que o público recibiu con entusiasmo, solicitando un bis[6] e ao pouco cantou na televisión o tema "Zvižduk u osam". Mentres realizaba o servizo militar saíu, en outubro de 1959 e no selo PGP-RTB, o seu primeiro LP Muzika za igru, que vendeu a tiraxe de 11 000 discos nun só mes, un auténtico éxito nun país con 20 000 tocadiscos na época. O seu segundo álbum de estudio, Mustafa, gravouno en 1961 e consistía en versións de éxitos estranxeiros, como "Ya Mustafa" de Bob Azzam. En 1963 realizou unha xira pola Unión Soviética que lle deu popularidade, e que repetiu en anos seguintes. Durante toda a década foi un dos cantantes máis recoñecidos en Iugoslavia. Nas décadas de 1970 e 1980 realizou xiras tamén por Europa occidental e os Estados Unidos.

En 1990, mentres actuaba como convidado nun concerto de Lepa Brena en Melbourne sufriu un ictus, e aínda que logrou posteriormente recuperarse parcialmente decidiu retirarse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "UMRO ĐORĐE MARJANOVIĆ Izgubio bitku sa korona virusom". blic.rs (en serbio). Blic. 15 de maio de 2021. 
  2. "Umro legendarni Đorđe Marjanović". nova.rs (en serbio). Nova S. 15 de maio de 2021. 
  3. Kajlovic, Vladimir (2003). Đorđe Marjanović. Čačak: Legenda. p. 62.
  4. „Марјановић С. Ђорђе“ Ко је ко у Србији 1991, Belgrado 1991, p. 262
  5. Janjatović, Petar (2007). EX YU ROCK enciklopedija 1960-2006, p. 141.
  6. "Đorđe Marjanović : Milord za sva vremena" Arquivado 23 de novembro de 2018 en Wayback Machine.XXZ, 13 de marzo de 2018