Đặng Thị Ngọc Thịnh
Đặng Thị Ngọc Thịnh | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de decembro de 1959 |
Lugar de nacemento | Duy Trinh |
Nacionalidade | Vietnam |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Đặng Thị Ngọc Thịnh, nada en Quảng Nam o 25 de decembro de 1959, é unha política vietnamita que exerceu como presidenta interina de Vietnam en 2018 tras a morte de Trần Đại Quang.
Đặng Thị Ngọc Thịnh converteuse en membro do Partido Comunista de Vietnam o 19 de novembro de 1979.[1][2] Foi vicepresidenta de Vietnam desde o 8 de abril de 2016 até 2018. Foi elixida vicepresidenta de Vietnam despois de gañar o 91,09% dos votos (450 votos) na Asemblea Nacional, converténdose na primeira muller na historia vietnamita en ser elixida para o cargo de vicepresidente de Vietnam. Foi membro das Asembleas Nacionais 11 e 13.
Tras a morte de Quang, converteuse na primeira muller na historia vietnamita en converterse en presidenta de Vietnam.[3] Foi a primeira muller xefa de estado dun país comunista desde Soong Ching-ling de China.
Referencias[editar | editar a fonte]
Presidentes de Vietnam | ||
---|---|---|
Segue a: Trần Đại Quang |
Đặng Thị Ngọc Thịnh | Precede a: Nguyễn Phú Trọng |
Partido Comunista do Vietnam |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- ↑ "National Assembly elects new Vice President, top judicial officials".
- ↑ "Đặng Thị Ngọc Thịnh". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Vietnam nombra por primera vez a una mujer como presidenta".