Ñandú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ñandú (xénero Rhea)

Ñandú común (Rhea americana)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Palaeognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Rheidae
Bonaparte, 1849
Xénero: Rhea
Especies

Ñandú común, Rhea americana
Ñandú de Darwin, Rhea pennata

Ñandú[1] é o nome vulgar galego das dúas especies do xénero: Rhea. Son aves paleognatas endémicas de América do Sur. A verba galega ñandú (en portugués: nandu) é un termo de orixe guaraní que significa araña[2] Porén, algúns autores clasifican o ñandú de Darwin (Rhea pennata) como Pterocnemia pennata.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son semellantes á avestruz, porén posúen marcadas diferenzas como un menor tamaño, entre 1,50 e 1,80 metros de altura (a femia é un pouco máis miúda), a presenza de tres dedas en cada pé, mentres que a avestruz só posúe dos. Hai dimorfismo sexual entre machos e femias, mais non é moi acentuado.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

O ñandú non é quen de voar, porén todo o seu corpo está adaptado para correr a gran velocidade se se ve en perigo, é inhábil para saltar mais é bo nadador se necesita cruzar algún regato ou curso de auga. Son animais gregarios, durante o outono e o inverno conforman grandes grupos desde 20 a 30 individuos, aínda que se teñen visualizado até 50 individuos xuntos, estes grupos vanse espallando, en grupos menos numerosos á entrada da época reprodutiva, por mor a que os machos comeza a se disputar entre si, polo dereito do apareamento, estes animais son netamente polígamos, practicando a polixinia e maila poliandria. Logo nas épocas reprodutivas atopamos grupos dun macho con varias femias e grupos non reprodutivos formados por exemplares novos e machos que non puideron obter femias para se aparear. Son grandes corredoras e un dos animais máis veloces do mundo, podendo chegar en rectas a superar os 80 quilómetros por hora.

A súa dieta consiste en herba, sementes, froitos, insectos, réptiles e até pequenos mamíferos. A súa afección polas serpes e cobras faino especialmente útil. Ten un estómago con encimas moi poderosas, polo que a súa voracidade é moi sonada.

Entran en celo entre xullo e agosto. Para a nidificación escollen terreos abertos con pouca vexetación; a femia pon máis de 40 ovos nun intervalo de 6 días, en pequenas depresións do terreo. Os ovos son grandes (9 x 13 cm) de cor amarelada, aínda que co tempo se tornan abrancazados. O macho é o único encarregado da incubación, que dura arredor de 37 a 38 días, mais con picos mínimos de 30 a 45 días.

Sistemática e evolución[editar | editar a fonte]

As relacións filoxenéticas dos ñandús respecto do resto dos paleognatos é incierta, variando segundo os estudos moleculares e morfolóxicos. As últimas pescudas moleculares colocan aos ñandús como o grupo irmán dunn clado conformado polos kiwis, os casuarios e os emús.[4] Por outra banda, o estudo de datos morfolóxicos de Livezey & Zusi (2007) agrupa aos ñandús coma o grupo irmán das avestruces, estándo este clado emparentado cos casuarios e mailos emús.[5]

Paleognathae

Struthionidae

Tinamidae

Dinornithiformes

Rheidae

Apterygidae

Casuariidae

Dromaiidae

Cladograma baseado en Baker et al. (2014).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego do animal en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  2. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.
  3. BirdLife International (2008) Pterocnemia pennata Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1.
  4. 4,0 4,1 Baker, A.J. et al. (2014) Genomic support for a moa-tinamou clade and adaptive morphological convergence in flightless ratites. Mol Biol Evol.
  5. Livezey, B. C. & Zusi, R. L. (2007) Higher-order phylogeny of modern birds (Theropoda, Aves: Neornithes) based on comparative anatomy. II. Analysis and discussion Arquivado 06 de abril de 2013 en Wayback Machine.. Zool. J. Linn. Soc. 149:1-95.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]