Ülle Madise
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de decembro de 1974 Tartu |
| Chancellor of Justice (en) | |
| 31 de marzo de 2015 – ← Indrek Teder | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Tartu |
| Actividade | |
| Ocupación | académica do dereito |
| Empregador | Universidade de Tartu Universidade Técnica de Talín |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lauri Madise |
| Pai | Tõnu Anton |
Ülle Madise (de solteira Ülle Anton), nada en Tartu o 11 de decembro de 1974,[1][2] é unha xurista estoniana que exerce como Chanceler de xustiza desde 2015. Madise é filla de Tõnu Anton, antigo membro do Tribunal Supremo de Estonia e asinante da ratificación da Restauración da Independencia de Estonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]En 1993, Madise graduouse na Escola Descartes de Tartu e, en 1998 graduouse cum laude na Facultade de Dereito da Universidade de Tartu.[1] Doutoruse en administración pública na Universidade Técnica de Talín.
Carreira académica
[editar | editar a fonte]De 2009 a 2011, foi profesora de dereito público na Universidade Técnica de Talín e, de 2011 a 2016, foi profesora de dereito constitucional na Universidade de Tartu.[2]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En 2015, foi nomeada Chanceler de Xustiza. En Estonia, o Chanceler de Xustiza non é un cargo político, senón que é nomeado polo Riigikogu por un mandato de sete anos. O Chanceler debe "actuar como supervisor independente dos principios básicos da Constitución de Estonia e protector dos dereitos humanos e sociais individuais, a dignidade e a igualdade humanas e o estado de dereito".[3] En decembro de 2021, foi reelixida polo Riigikogu para un segundo mandato.[4][5]
Desde 2010, durante cinco anos, foi membro do Consello de Goberno da Academia de Artes de Estonia.[2] Entre outros cargos, foi membro da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia,[1] do Consello Estoniano de Ética para Funcionarios Públicos, da Rexión Europea do Instituto Internacional do Defensor do Pobo (IOI) e do Consello Mundial do IOI.[2]
Como chanceler de Xustiza, Madise pronunciouse sobre os plans para instalar cámaras de vixilancia,[6] a publicación de detalles de chamadas telefónicas interceptadas de persoas non acusadas de ningún delito,[7] interveu na emisión de tarxetas de identidade dixitais[8] e cualificou de ilegal a lei de impostos sobre vehículos de Estonia.[9]
Madise presentou dous programas científicos regulares na emisora estoniana Raadio Kuku entre 2009 e 2018, e pasa o seu tempo libre vendo documentais sobre natureza.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Ülle Madise". etis.ee (en estoniano). Consultado o 15 de abril de 2026.
- 1 2 3 4 "Õiguskantsler Ülle Madise". oiguskantsler.ee (en estoniano). oiguskantsler.ee. Consultado o 15 de abril de 2026.
- 1 2 Redacción (9 de outubro de 2024). Whyte, Andrew; Nestor, Neit-Eerik, eds. "Ülle Madise: I need no theater to remind me life is nasty, brutish and short". err.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (15 de decembro de 2021). Turovski, Marcus, ed. "Riigikogu appoints Ülle Madise for second justice chancellor term". err.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ "Ülle Madise". aastakonverents2023.humanrightsestonia.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ Einmaa, Iida-Mai (20 de marzo de 2025). "Õiguskantsler ja jurist kritiseerivad näotuvastusega kaameravõrgu plaani". err.ee (en estoniano). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (7 de marzo de 2025). Ideon, Argo; Wright, Helen, eds. "Justice chancellor hits out at media for publishing surveilled phone calls". err.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ Opiah, Abigail (19 de xuño de 2024). "Estonia’s Chancellor of Justice halts digital ID card issuance at Selver stores". biometricupdate.com (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.
- ↑ Koppel, Karin; Turovski, Marcus, eds. (27 de febreiro de 2025). "Justice chancellor: Estonia's car tax law unconstitutional". err.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2026.