Saltar ao contido

Órgano de Seguimiento y Coordinación del Extremeño y su Cultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Órgano de Seguimiento y Coordinación del Extremeño y su Cultura
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
25 de febreiro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: oscec.estremadura Twitter: oscecestremadura Instagram: oscecestremadura Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Órgano de Seguimento e Coordinación do Estremeño e a súa Cultura (OSCEC), en estremeño Órganu de siguimientu i cordinación del estremeñu i la su coltura, é un organismo creado o 25 de febreiro de 2011 que ten como obxectivo o estudo, a revitalización das linguas vernáculas de Estremadura (o estremeño, a fala e o portugués oliventino) e a protección do patrimonio cultural e natural de Estremadura.[1]

Organización

[editar | editar a fonte]

O OSCEC está organizado en tres comisións temáticas, a de lingua, a de literatura e a de cultura. A primeira ocúpase do estudo das linguas propias de Estremadura. Creou un manual de ortografía unificada do estremeño.

A comisión de literatura ocúpase da divulgación dos textos literarios escritos nalgunha destas linguas, mentres que a comisión de cultura ocúpase dos aspectos culturais tradicionais de Estremadura. Desde 2021 encárgase da coordinación do Día das Letras Estremeñas.[2]

O seu presidente actual é Daniel Gordo.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]