Ñandú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ñandú (xénero Rhea)
Ñandú común (Rhea americana)
Ñandú común (Rhea americana)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Palaeognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Rheidae
Bonaparte, 1849
Xénero: Rhea
Especies

Ñandú común, Rhea americana
Ñandú de Darwin, Rhea pennata

Ñandú[1] é o nome vulgar galego das dúas especies do xénero: Rhea. Son aves paleognatas endémicas de América do Sur. A verba galega ñandú (en portugués: nandu) é un termo de orixe guaraní que significa araña The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.</ref> Porén, algúns autores clasifican o ñandú de Darwin (Rhea pennata) como Pterocnemia pennata.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son semellantes á avestruz, porén posúen marcadas diferenzas como un menor tamaño, entre 1,50 e 1,80 metros de altura (a femia é un pouco máis miúda), a presenza de tres dedas en cada pé, mentres que a avestruz só posúe dos. Hai dimorfismo sexual entre machos e femias, mais non é moi acentuado.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

O ñandú non é quen de voar, porén todo o seu corpo está adaptado para correr a gran velocidade se se ve en perigo, é inhábil para saltar mais é bo nadador se necesita cruzar algún regato ou curso de auga. Son animais gregarios, durante o outono e o inverno conforman grandes grupos desde 20 a 30 individuos, aínda que se teñen visualizado até 50 individuos xuntos, estes grupos vanse espallando, en grupos menos numerosos á entrada da época reprodutiva, por mor a que os machos comeza a se disputar entre si, polo dereito do apareamento, estes animais son netamente polígamos, practicando a polixinia e maila poliandria. Logo nas épocas reprodutivas atopamos grupos dun macho con varias femias e grupos non reprodutivos formados por exemplares novos e machos que non puideron obter femias para se aparear. Son grandes corredoras e un dos animais máis veloces do mundo, podendo chegar en rectas a superar os 80 quilómetros por hora.

A súa dieta consiste en herba, sementes, froitos, insectos, réptiles e até pequenos mamíferos. A súa afección polas serpes e cobras faino especialmente útil. Ten un estómago con encimas moi poderosas, polo que a súa voracidade é moi sonada.

Entran en celo entre xullo e agosto. Para a nidificación escollen terreos abertos con pouca vexetación; a femia pon máis de 40 ovos nun intervalo de 6 días, en pequenas depresións do terreo. Os ovos son grandes (9 x 13 cm) de cor amarelada, aínda que co tempo se tornan abrancazados. O macho é o único encarregado da incubación, que dura arredor de 37 a 38 días, mais con picos mínimos de 30 a 45 días.

Sistemática e evolución[editar | editar a fonte]

As relacións filoxenéticas dos ñandús respecto do resto dos paleognatos é incierta, variando segundo os estudos moleculares e morfolóxicos. As últimas pescudas moleculares colocan aos ñandús como o grupo irmán dunn clado conformado polos kiwis, os casuarios e os emús.[3] Por outra banda, o estudo de datos morfolóxicos de Livezey & Zusi (2007) agrupa aos ñandús coma o grupo irmán das avestruces, estándo este clado emparentado cos casuarios e mailos emús.[4]

Paleognathae

Struthionidae





Tinamidae



Dinornithiformes





Rheidae




Apterygidae




Casuariidae



Dromaiidae







Cladograma baseado en Baker et al. (2014).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego do animal en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  2. BirdLife International (2008) Pterocnemia pennata. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1.
  3. 3,0 3,1 Baker, A.J. et al. (2014) Genomic support for a moa-tinamou clade and adaptive morphological convergence in flightless ratites. Mol Biol Evol.
  4. Livezey, B. C. & Zusi, R. L. (2007) Higher-order phylogeny of modern birds (Theropoda, Aves: Neornithes) based on comparative anatomy. II. Analysis and discussion. Zool. J. Linn. Soc. 149:1-95.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]