Île de l'Est

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa do Leste
Vista da illa
CrozetMapEst.png
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Índico
Arquipélago Crozet
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 130 km²
Densidade
Coordenadas 46°26′S 52°18′L / -46.433, -52.300
Maior Altura 1.050 m. Mont Marion-Dufresne
Localización
Localización da illa

A Illa do Leste (en francés: Île de l'Est) é unha illa situada dentro do arquipélago das Crozet, no Océano Índico subantártico. Pertence a Francia. Situada a 18 quilómetros da veciña Illa da Posesión, é a maior illa do arquipélago cos seus 130 quilómetros cadrados. A súa maior altitude é o monte Marion-Dufresne, de 1.050 metros de altitude, á súa vez maior altura de todas as illas.

Actividade volcánica[editar | editar a fonte]

A Illa do Leste é a reliquia dun pasado volcánico fortemente erosionado polos glaciares cuaternarios. O primeiro recoñecemento sobre o vulcanismo da illa foi efectuado en decembro de 1975 e xaneiro de 1976 por Jean Lameyre e Jacques Nougier.

O centro volcánico coincide co centro da illa. O seu corazón está caracterizado por brechas e diques nun ambiente de rocas metamórficas e plutónicas do Mioceno, fai 8´75 millóns de anos. Todo isto constitúe a Fase 1.

En discordancia, por encima dos mil metros (Fases 2 e 3) repousan aglomerados, característicos dos montes Duclesmeur e Lesquin. A Fase 3 estímase que tivo lugar fai 1 millón de anos (Plistoceno), polas emisións de lavas basálticas.

A última actividade volcánica (Fase 4) caracterizouse por conos como os do monte Marion, de tipo estromboliano. Estímase que tivo lugar fai 200.000 anos e, como data límite, fai polo menos 5.500 anos, o cal significa que foi contemporáneo ou posterior á gran glaciación que cubriu a illa. Esta glaciación cubriu os diques e as fallas, modelando os vales abruptos e as ladeiras dos montes a través dunha gran erosión.

Actualmente os volcáns da illa son potencionalmente activos, pero nun grao menor que a Illa da Posesión ou a Illa dos Porcos.

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Esta é unha das poucas illas austrais non contamiandas aínda por ratas, coellos ou semellantes. Conserva unha fauna única digna de ser preservada.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta o 24 de xaneiro de 1772 polo explorador francés Nicolas Thomas Marion-Dufresne. Nun principio a illa foi chamada Île Aride (Illa Árida), e posteriormente, en 1825, Île Chabrol.

Á illa chegaron navegantes de Gran Bretaña, Nova Inglaterra e Francia. A incidencia máis coñecida é o naufraxio de Guillaume Lesquin o 29 de xullo de 1825, aos seus 22 anos, que chegou á illa con outras 6 persoas e unha reducida equipaxe. Foron salvados o 6 de xaneiro de 1827 polo navío británico Cape Pucket, volvendo a Francia o 7 de maio do mesmo ano. Esta historia foi publicada en 1998 por Editions da Dyle xunto a outras dúas semellantes.

A illa está actualmente deshabitada.