Étienne Terrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉtienne Terrus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Elne, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 1922 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Elne, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Étienne Joseph Mathieu Terrus, coñecido como Esteve Terrús en catalán e como Étienne Terrus en francés, nado en Elna, Rosellón en setembro de 1857 e finado ibídem en xuño de 1922[1] foi un pintor da Cataluña Norte, impulsor dos movementos artísticos do país, que destacou na acuarela e a paisaxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vista de Elna (pintada arredor de 1900)

Terrús naceu en 1857 no seo dunha familia acomodada en Elna. En 1874, coa aprobación dos seus pais, decidiu establecerse en París para comezar a súa carreira artística baixo a tutela do pintor de Montpellier Alexandre Cabanel. Foi amigo de moitos pintores da súa época, entre os que destacan Matisse, Derain, Marquet, Camoin e Luce, a quen recibiu a miúdo no seu taller de Elna e Cotlliure.[2]

A súa técnica favorita era a acuarela, que dominaba de xeito maxistral, pero polo seu carácter introvertido non tiña relación ningunha con escola ou movemento artístico, aínda que na súa obra se nota a influencia do fauvismo. Tamén foi discípulo de Paul Signac.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Na súa vila natal hai unha estatua dedicada a el. En Perpiñán hai unha placa que homenaxea a Terrús e outros artistas do Rosellón. En 1994 creouse na mesma vila o Museo Terrús. En 2018, tras unha operación de reforma, revelouse que 82 das 140 obras do pintor que se conservan neste museo eran falsas e foron retiradas.[3] [4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]