Érguete!!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Érguete!!
Álbum de Xenreira
Xénero(s)ska, punk rock, reggae
Selo(s)Edicións do Cumio
Producido porKaki Arkarazo

Érguete!! é o único álbum de estudio da banda galega de ska Xenreira, editado no ano 1997 a través de Edicións do Cumio. O disco foi gravado en só tres días baixo a produción de Kaki Arkarazo, membro de Negu Gorriak e Nación Reixa. No álbum colaboran distintos músicos como Uxía Pedreira e Ramón Piñeiro da banda Chouteira, Mini de Fuxan os Ventos e o Serxio de Nen@s da Revolta[1].

O tema "Acción Galega" é un poema do libro Da terra asoballada de Ramón Cabanillas.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Alalás"
  2. "Onde a loita se chama Encrobas"
  3. "Radio Skarnio"
  4. "Ozono"
  5. "A Reixa"
  6. "Viva a nosa unión"
  7. "Mil nove 36"
  8. "Acción Galega" (Ramón Cabanillas)
  9. "Érguete"
  10. "O pobo é quen máis ordena"
  11. "Recluso 241"
  12. "Mesmo berce, mesma loita"

Notas[editar | editar a fonte]