Saltar ao contido

Émile Brouette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉmile Brouette
Nome orixinalÉmile Paul Brouette
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1910 Editar o valor en Wikidata
Ixelles, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1980 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Gembloux, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Presidente Sociedade Real de Numismatica de Bélxica
1976 – 1980
← Jean JadotPaul de Baeck → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Liexa.
Universidade de Mons.
Instituto Superior de Historia da Arte e de Arqueoloxía de Bruxelas
Actividade
Campo de traballoEpigrafía, numismática, sixilografía, codicoloxía
Ocupaciónnumismático, epigrafista, arquiveiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sociedade Real de Numismática de Bélxica
Academia Real de Bélxica.
Academia Nacional de Arras.
Academia Real de Arqueoloxía de Bélxica
Instituto Histórico Belga de Roma.

Émile Paul Brouette, nado en Ixelles, Bruxelas-Capital, o 10 de xuño de 1910 e finado en Gembloux, Namur, o 11 de agosto de 1980, foi un numismático, epigrafista e arquiveiro belga, presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica de 1976 a 1980.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Émile-Paul Brouette naceu en Ixelles en 1910,[1] nunha familia do alto funcionariado belga.[2]

Desde a súa primeira xuventude sentiuse interesado pola historia e a arte, o que o levou a cursar estudos de Historia na Universidade de Liexa, na que acadou o doutoramento, e ampliou a súa formación artística cos estudos de Historia da Arte no Instituto Superior de Historia da Arte e de Arqueoloxía de Bruxelas. Seguidamente licenciouse tamén en Ciencias Económicas na Universidade de Mons.[1][2]

Carreira profesional e como erudito

[editar | editar a fonte]

A súa primeira actividade profesional estivo sempre orientada á docencia, que exerceu entre os anos 1942 e 1972 nos institutos (ateneos reais) de Ixelles e Soignies.[1] Paralelamente, en 1947 comezou a xestionar os arquivos da Fundación Ligne, en Beloeil.[2]

En recoñecemento do seu labor no ámbito da arquivística foi recoñecido coa súa admisión en diversas academias e sociedades eruditas. En 1953 foi admitido na Clase de Letras da Academia Real de Bélxica; en 1957 foi nomeado polo Ministerio de Educación Pública membro do Comité Nacional Belga de Historia Eclesiástica; en 1958 ingresou tamén como membro do Instituto Histórico Belga de Roma e en 1960 foi distinguido pola Academia Nacional de Arras. A Real Academia Belga de Arqueoloxía acolleuno como membro correspondente en 1966, e logo como membro de número en 1969.[2][3]

A finais da década de 1960 tamén foi aceptado como membro da Comisión Nacional Belga de Historia dos Países e das Asembleas Estatais; en 1974 accedeu ao posto de director do Dictionnaire des Auteurs cisterciens e en 1975 ingresou no Centro Nacional de Codicoloxía.[2][4]

Merece unha mención especial a vinculación de Émile Brouette á Sociedade Real de Numismáticade Bélxica, na que ingresou como membro correspondente o 2 de marzo de 1952 e da que pasou a ser membro de número en 1958. En 1967 ingresou na xunta directiva da Sociedade, en 1970 foi elixido vicepresidente en 1976 presidente, cargo que exerceu ata om seu falecemento. Desde 1964, exercía tamén a dirección da revista desta entidade, a Revue belge de numismatique et de sigillographie.[1][2]

Ao longo da súa traxectoria, Émile Brouette foi un profundo estudoso da epigrafía, a numismática, a sixilografía, a codicoloxía, a historia eclesiástica e outras disciplinas, e un prolífico autor de traballos acerca destes temas e outros afíns, publicados tanto en revistas especializadas como en forma de monografías.[3][5]

Brouette finou en Isnes, rexión de Bruxelas-Capital, o 11 de agosto de 1980, aos 70 anos.[1][2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos artigos publicados por Émile Brouette ao longo da súa traxectoria como erudito:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 De Baeck, M. P. (1980). Páxina 5.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Jadot, J. (1980). Páxina 265.
  3. 3,0 3,1 De Baeck, M. P. (1980). Páxina 6.
  4. De Baeck, M. P. (1980). Páxina 6.
  5. Jadot, J. (1980). Páxinas 265-266.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jean Jadot
Presidente da
Sociedade Real de Numismática de Bélxica

1976 - 1980
Sucesor:
Paul de Baeck