Élite (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Élite

Logo de Élite.
FormatoDrama, suspense e crime
Creado por
  • Carlos Montero
  • Darío Madrona
Desenvolvido porFrancisco Ramos
Dirixido por
Intérpretes
Tema de aperturaLucas Vidal
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán
Temporadas5
Episodios40 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Carlos Montero
  • Darío Madrona
  • Diego Betancor
  • Iñaki Juaristi
Localización(s)Serra de Guadarrama, Madrid
Duración47–56 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K (16:9 UHDTV)
Primeiro episodio5 de outubro de 2018
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.netflix.com/title/80200942
IMDB: tt7134908 Filmaffinity: 204759 Allocine: 22373 Rottentomatoes: tv/elite Metacritic: tv/elite TV.com: shows/elite
Facebook: NetflixElite Instagram: elitenetflix Netlix: 80200942Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de suspense adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix.[1] A serie conta cun grande elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos.[2][3] A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018.[4] O 17 de outubro dese mesmo ano, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada, que se estreou o 6 de setembro de 2019. A serie foi renovada para unha terceira tempada antes da estrea da segunda.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

A serie segue a vida de tres novos estudantes que recibiron unha bolsa para estudar en "Las Encinas", un instituto prestixioso de España, tras o derrubamento que sufriu o seu anterior instituto. A chegada de Samuel, Nadia e Christian non será nada fácil, pois os estudantes que se atopan en devandito instituto non lles farán a vida sinxela. Pero entre a humillación e o acoso escolar ocorre o asasinato dun dos adolescentes, e só quedará por descubrir quen foi o asasino.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • María Pedraza como Marina Nunier Osuna, a irmá de Guzmán[6] (tempada 1)
  • Itzan Escamilla como Samuel García Domínguez, un dos tres estudantes transferidos que está namorado de Marina[6]
  • Miguel Bernardeau como Guzmán Nunier Osuna, irmán adoptado de Marina[6]
  • Miguel Herrán como Christian Varela Expósito, un dos tres estudantes transferidos que se sente atraído por Carla.[6]
  • Jaime Lorente como Fernando "Nano" García Domínguez, o irmán máis vello de Samuel que acaba de saír do cárcere[6]
  • Álvaro Rico como Polo, mozo de Carla[6]
  • Arón Piper como Ander Muñoz, o fillo do director e xogador de tenis que descobre a súa sexualidade[6]
  • Mina El Hammani como Nadia Shanaa, unha dos tres estudantes tranferidos, filla de emigrantes palestinos[6]
  • Ester Expósito como Carla Rosón Caleruega, moza de Polo[6]
  • Omar Ayuso como Omar Shanaa, irmán de Nadia e traficante que se namora de Ander contra os desexos de seu pai[6]
  • Danna Paola como Lucrecia "Lu" Montesinos Hendrich, moza de Guzmán[6]
  • Claudia Salas como Rebeca P. (tempada 2–presente)
  • Georgina Amorós como Cayetana G. (tempada 2–presente)
  • Jorge López como Valerio Montesinos Rojas, irmán de Lu (tempada 2–presente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "'Élite' ya tiene protagonista: Netflix ficha a una joven promesa de Movistar+". 
  2. Doyle, John (7 de oubro de 2018). The Globe and Mail, ed. "Netflix’s Elite: A Spanish teen drama, and murder mystery, with a blunt message". Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  3. Crumlish, Callum (6 de outubro de 2018). "HomeShowbiz & TVTV & Radio Elite on Netflix Review: Does the teen drama break the mould or simply add to the pile?". Express. Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  4. "Netflix calienta el estreno de 'Élite' con un nuevo tráiler". 
  5. Hopewell, John; Granada, Emiliano (29 de agosto ce 2019). Variety, ed. "‘Elite’ Renews for Season 3 as Creators, Cast Reveal Season 2 Details". Consultado o 29 de agosto de 2019. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 FormulaTV (ed.). "Personajes Élite. Reparto de actores". Consultado o 10 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]