Élie de Beaumont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Élie de Beaumont
Elie de beaumont.jpg
Nome completoJean Baptiste Armand Louis Leonce Elie de Beaumont
Nacemento25 de setembro de 1798
Lugar de nacementoChâteau de Canon
Falecemento21 de setembro de 1874
Lugar de falecementoChâteau de Canon e París
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Politécnica, Mines ParisTech e Liceu Henrique IV
Ocupaciónentomólogo, xeólogo, político, enxeñeiro de minas e catedrático
CónxuxeThérèse Marie Augusta Élie de Beaumont
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, Foreign Member of the Royal Society, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Medalha Wollaston, Cabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra e comendador da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

Jean-Baptiste Armand Louis Léonce Élie de Beaumont, nado o 25 de setembro de 1798 e finado o 21 de setembro de 1874, foi un xeólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Élie de Beaumont naceu en Canon en Calvados (Normandía). Entrou no liceo Henri IV en París onde levou o primeiro premio en matemáticas e física. Despois de ser o primeiro da súa promoción na École Polytechnique en 1819, vai á École nationale supérieure des mines (1819-1820) onde mostra unha clara preferencia pola xeoloxía. En 1823 o profesor de xeoloxía, André Brochant de Villiers selecciónao xunto con Armand Dufrénoy para acompañalo nunha viaxe de estudos por Inglaterra e Escocia co fin de examinar os establecementos mineiros e metalúrxicos destes países, e de estudar os principios utilizados por George Bellas Greenough para levantar a súa carta xeolóxica de Inglaterra (1820) co obxectivo de crear unha similar para Francia.

En 1835 convértese en profesor na École des Mines substituíndo a Villiers do cal era axudante dende 1827. Foi enxeñeiro xefe de minas en Francia (1833-1847), despois inspector xeral (1847), e finalmente vicepresidente do Conseil-General des Mines (1861). O mesmo ano recibe a Légion d'honneur. A súa reputación científica asegúralle a súa elección á Academia de Ciencias de Berlín, á Académie des Sciences e a Royal Society (como membro estranxeiro). En 1843, a Geological Society of London outorgoulle a medalla Wollaston. Por decreto presidencia, foi feito senador vitalicio en 1852 e, á morte de François Arago en 1853, converteuse en secretario perpetuo da Académie des Sciences.

Élie de Beaumont propuxo en 1829 na Academia des Sciences unha teoría sobre a formación das cordilleiras descrita en tres volumes Notice sur le système des montagnes 1852. Segundo esta teoría, tódalas cadeas montañosas paralelas ao mesmo gran círculo da Terra teñen a mesma idade, e entre estes grandes círculos existe unha relación de simetría en forma dunha rede pentagonal. En 1853 William Hopkins realizou unha exposición e crítica desta teoría na Geological Society of London. Non obstante, actualmente é máis coñecido por ser o principal autor da carta xeolóxica de Francia. As súas lecturas académicas publicáronse en dous volumes (1845-1849) baixo o título de Leçons de Géologie pratique.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Este artigo incorpora texto procedente da Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, que está baixo dominio público.
  • Artigo da Catholic Encyclopedia