Saltar ao contido

Édouard Louis Trouessart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉdouard Louis Trouessart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1842 Editar o valor en Wikidata
Angers, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xuño de 1927 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Presidente Société zoologique de France (en) Traducir
1901 – 1901
Director Muséum des sciences naturelles d'Angers (pt) Traducir
1881 – 1885 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Poitiers (pt) Traducir
École impériale du service de santé militaire de Strasbourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, aracnólogo, catedrático, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia
Universidade de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaTrouessart Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoseph-Louis Trouessart Editar o valor en Wikidata
ParentesArthur Trouëssart
André Lochard, xenro
Édouard Trouessart, tío Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1665712

Édouard Louis Trouessart, nado o 25 de agosto de 1842 en Angers e finado o 30 de xuño de 1927 en París, foi un zoólogo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun profesor de física da Universidade de Poitiers, Trouessart foi educado en Angers e Poitiers antes de entrar na escola de Medicina militar de Estrasburgo. A causa de graves problemas de saúde, tivo que abandonar os estudos.

En 1864 pasou a ser profesor de física na Universidade de Poitiers, e desde entón consagrouse ao estudo da Historia natural. Regresou aos estudos de medicina e obtivo o seu doutoramento en 1870. Serviu no exército francés durante a guerra franco-prusiana.

Despois de servir no hospital de Villevêque, dirixiu entre 1882 e 1884 o museo de Angers e ensinou historia natural no liceo da cidade. En 1885 instalouse en París, onde frecuentou a compañía de Alphonse Milne-Edwards (1835-1900), a quen axudou como voluntario.

A morte de Émile Oustalet (1844-1905) permitiulle obter a cátedra de Zooloxía (mamíferos e aves), posto que conservou até 1926.

Dedicouse principalmente ao estudo dos mamíferos e dos ácaros, ademais das aves. Entre as súas obras cómpre destacar Catalogus mammalium tam viventium quam fossilium (1899) e Faune des Mammifères d'Europe (1910). En 1901 accedeu á presidencia da Sociedade Zoolóxica de Francia.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

1886 - Les microbes, les ferments et les moisissures. Avec 107 figures dans le texte.
1893 - Au bord de la mer: géologie, faune et flore des côtes de France de Dunkerque à Biarritz.
1899 - Catalogus mammalium tam quam viventium fossilium.
1910 - Faune des Mammifères d’Europe.
1922 - La distribution géographique des animaux.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Trouessart emprégase para indicar a Édouard Louis Trouessart como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.