Saltar ao contido

Ângelo Brea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÂngelo Brea
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, docente Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1123259 BUSC: brea-angelo-1968

Angel José Brea Hernández, tamén coñecido como Ângelo José Brea Hernández ou Ângelo Brea, nado en 1968 en Santiago de Compostela, é un escritor e profesor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña e diplomado en Estudos Portugueses pola Universidade de Lisboa. A súa memoria de licenciatura na USC foi: Os Descordos galego-portugueses: (exame do corpus, critérios de classificaçao e análise comparativa com os descordos provençais e franceses).[2]

Imparte aulas de Lingua galega e Literatura.[3] Participou en moitos congresos e simposios sobre literatura medieval e lusofonía.[4] É membro numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa.[5]

É secretario das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e pertence aos consellos de redacción das revistas O Ensino, Cadernos do Povo e Nós, nas que publicou artigos sobre literatura e sociolingüística.[1]

  • "Livro do Caminho, poemário", in Cadernos do Povo (1989). Pontevedra-Braga.
  • Diário de um poeta maldito (1994). Pontevedra: Colección de poesia 5+2 = 8 e Aos 4 ventos,.
  • Queixumes dos Pinheiros e outros poemas de Eduardo Pondal, in Cadernos do Povo (1996). Número monográfico
  • "Cantares Galegos, de Rosalia de Castro", in Cadernos do Povo (1999). Edición anotada e versión portuguesa.
  • O país dos nevoeiros (2005). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 9788496475090.
  • Lembranças da terra & outras histórias de um futuro possível (2014). Santiago: Através. ISBN 9788487305870. Prólogo de Paulo Soriano.
  • Tempo de eclipses (2019). Milladoiro: Improset. Recompilación da súa poesía.
  • Nos vales do Máriner e outros relatos (2022). Milladoiro: Improset. ISBN 978-84-09-37291-1. Relatos.

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Eva Perón (1994). Xunto con Roberto Cordovani e Iolanda Aldrei. Premio Compostela de Teatro en 1995.
  • A voz dos mundos: contos de ficçâo científica (2016). Santiago de Compostela: Através. ISBN 9788487305962.
  1. 1,0 1,1 "Brea Hernández, Ângelo". egu.xunta. Consultado o 10 de xaneiro de 2026. 
  2. "Os Descordos...". iacobus.usc.gal. Consultado o 2026-01-10. 
  3. "A primeira edición dos Prémios CarValho golpeDasa xa ten gañadores Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2026-01-09. Consultado o 2026-01-10. 
  4. AdminWeb (2011-06-01). "Brea Hernández, Ângelo José (1968)". www.academiagalega.gal (en portugués). Consultado o 2026-01-10. 
  5. webmaster. "Membros Numerários". www.academiagalega.gal (en portugués). Consultado o 2026-01-10. 
  6. "Atribuídos Prémios CCC – Cátedra Carvalho Calero" (en portugués). Consultado o 2026-01-10.