Área de Brodmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Visualización dos datos das áreas de Brodman, representación mediante modulado 3D

Unha área de Brodmann (áreas e Brodmann de forma xenérica) é unha rexión do córtex cerebral definida en base ás súas estruturas citoarquitectónicas e á organización das súas células. Orixinalmente definidas e numeradas polo anatomista alemán Korbinian Brodmann baseadas na organización citoarquitectónica de neuronas que observou no córtex coa técnica de tinción Nissl. Brodmann publicou os seus mapas de áreas corticais en humanos, monos e outras especies en 1909 [1], xunto con moitos outros descubrimentos e observacións sobre os tipos de células en xeral e a organización laminar do córtex dos mamíferos. O mesmo número de áreas de Brodmann en diferentes especies non indica necesariamente áreas homólogas [2].

Un mapa cortical similar pero máis detallado foi publicado por Constantin von Economo e N. Georg Koskinas en 1925.[3]

Importancia actual[editar | editar a fonte]

As áreas de Brodmann foron discutidas, debatidas, refinadas e renomeadas exhaustivamente durante case un século e seguen a ser a organización de citoarquitectura máis coñecida e citada do córtex humano. Moitas das áreas de Brodmann definidas unicamente sobre a base da súa organización neuronal xa foron correlacionadas de xeito similar a diversas funcións corticais. Por exemplo, as áreas 1, 2 e 3 de Brodmann son o córtex ou cortiza somatosensorial primaria, a área 4 é o córtex ou cortiza motora primaria, a área 17 é o córtex ou cortiza visual primaria e as áreas 41 e 42 corresponden ao córtex ou cortiza auditiva primaria. Funcións de orde superior ás áreas de asociación cortical tamén están localizadas de xeito consistente nas mesmas áreas de Brodmann mediante imaxes funcionais neurofisiolóxicas (por exemplo, localización consistente da área de Broca, con función de comprensión da linguaxe, nas áreas de Brodmann en 44 e 45). Non obstante, a imaxe funcional só pode identificar a localización aproximada das activacións cerebrais en termos de áreas de Brodmann dado o feito de que os límites reais en calquera cerebro individual requiren exame histolóxico.

Áreas de Brodmann en primates humanos e non humanos[editar | editar a fonte]

Cada área ten máis dunha función, utilízanse varias áreas en cada actividade e un lado adoita primar sobre o outro.[4]

Vista medial (interna).
Vista lateral (exterior).
Superficies dos hemisferios cerebrais (lateral e medial) con áreas de Brodmann marcadas co seu número orixinal.
  • Áreas 3, 1 e 2 - córtex somatosensorial primaria: procesos táctiles, dor e propiocepción );
  • Área 4 - córtex motora primaria: control de varios movementos e respostas cinestésicas;
  • Área 5 e 7 - córtex de asociación somatosensorial: visión espacial, uso de ferramentas, memoria de traballo;
  • Área 6 - córtex premotora e córtex motora suplementaria (córtex motora secundaria);
  • Área 8: inclúe campos oculares frontais: asociados ao control do movemento dos ollos;
  • Área 9 - córtex prefrontal dorsolateral: asociada á lóxica e aos cálculos;
  • Área 10 - córtex prefrontal anterior (parte máis rostral e superior do xiro frontal medio-superior): asociada a atención e alerta;
  • Áreas 11 e 12: área orbitofrontal: asociada á toma de decisións e aos comportamentos ético [5] ;
  • Área 13 e área 14 - córtex insular *: asociada á memoria somatosensorial, verbal, á motivación [6] ;
  • Área 15 - lóbulo temporal anterior *;
  • Área 17 - córtex visual primaria (V1);
  • Área 18 - córtex visual secundaria (V2);
  • Área 19 - cortiza visual asociativa (V3, V4, V5);
  • Área 20 - xiro temporal inferior;
  • Área 21 - xiro temporal medio;
  • Área 22 - xiro temporal superior (parte da área de Wernicke ;
  • Área 23 - córtex ventral cingulada posterior;
  • Área 24 - córtex ventral cingulada anterior [7]
  • Área 25 - córtex subxenual (parte da córtex ventromedial prefrontal); [4]
  • Área 26 - porción ectosplenial da rexión retrosplenial da cortiza cerebral;
  • Área 27 - córtex piriforme;
  • Área 28 - córtex entorinal posterior ;
  • Área 29 - córtex retrosplenial cingulada;
  • Área 30 - Parte do córtex cingulado;
  • Área 31 - córtex dorsal cingulada posterior;
  • Área 32 - córtex dorsal cingulada anterior;
  • Área 33 - parte da cortiza cingulada anterior;
  • Área 34 - córtex entorinal anterior (no xiro parahipocampal);
  • Área 35 - córtex peririnal (no xiro parahipocampal);
  • Área 36 - córtex hipocampal (no xiro parahipocampal);
  • Área 37 - xiro fusiforme;
  • Área 38 - área temporopolar (parte máis rostral do xiro temporal superior e medio): asociada á interpretación das emocións;
  • Área 39 - xiro angular (considerado por algúns como parte da área de Wernicke);
  • Área 40 - xiro supramarginal (considerado por algúns como parte da área de Wernicke);
  • Áreas 41 e 42 - córtex de asociación primaria e auditiva;
  • Área 43 - córtex gustativo primario;
  • Área 44 - pares operculares, parte da área de Broca ;
  • Área 45 - pares triangulares Área de Broca;
  • Área 46 - córtex prefrontal dorsolateral;
  • Área 47 - xiro prefontal inferior;
  • Área 48 - área retrosubicular (unha pequena parte da superficie medial do lóbulo temporal);
  • Área 49: área do parasubículo dun roedor;
  • Área 52 - área parainsular (na unión do lóbulo temporal e a ínsula);

(*) Diferente en primates humanos

(**) Algunhas das áreas orixinais de Brodmann subdividíronse, por exemplo, "23" e "23b"; [8]

Mapa de Brodmann orixinal con área 19 resaltada en amarelo. Pódense apreciar as superficies externa (arriba) e interna (abaixo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brodmann K. Vergleichende Lokalisationslehre der Grosshirnrinde. Leipzig : Johann Ambrosius Bart, 1909
  2. Garey LJ. Brodmann's Localisation in the Cerebral Cortex. New York : Springer, 2006 (ISBN 0-387-26917-7) (ISBN 978-0387-26917-7)
  3. Economo, C., Koskinas, G.N. (1925). Die Cytoarchitektonik der Hirnrinde des erwachsenen Menschen. Wien: Springer Verlag.
  4. http://www.fmriconsulting.com/brodmann/Interact.html
  5. http://www.fmriconsulting.com/brodmann/BA11.html
  6. http://www.fmriconsulting.com/brodmann/BA13.html
  7. http://ukpmc.ac.uk/articles/PMC2268639;jsessionid=BBF4DB8DAFCFCB452BEA9AB7368AB5C6.jvm4
  8. Brent A. Vogt, Deepak N. Pandya, Douglas L. Rosene (August 1987). "Cingulate cortex of the rhesus monkey: I. Cytoarchitecture and thalamic afferents". The Journal of Comparative Neurology 262 (2): 256–270. doi:10.1002/cne.902620207. PMID 3624554.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]