Saltar ao contido

Árabe estándar moderno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árabe estándar moderno
Propiedades
 Número de falantes
335 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Xeografía
Wikidata
Bandeira da Liga Árabe, cuxos estados teñen o árabe estándar moderno como lingua oficial.

O árabe estándar moderno (MSA; en árabe: اللغة العربية الفصحى latinizado: al-lughah al-ʻArabīyah al-fuṣḥā, "a máis elocuente lingua árabe") é unha variante do árabe clásico que se desenvolveu artificialmente a partir do renacemento literario coñecido como Al-Nahda que experimentou o mundo árabe a partir da segunda metade do século XIX. O árabe literario ou estándar moderno xorde do intento realizado especialmente na zona oriental do Máshreq de revitalizar a lingua culta (cuxo nivel caera bastante desde a época clásica) e de evitar a completa fragmentación lingüística dos árabes en comunidades de falantes mutuamente inintelixibles (árabe dialectal).

O árabe estándar moderno é unha versión suavizada, máis sinxela e posta ao día en vocabulario e expresións, do árabe da literatura clásica árabe. Esta versión de árabe culto moderno é a que predomina nos medios de comunicación escritos e falados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Holes, Clive (2004) Modern Arabic: Structures, Functions, and Varieties Georgetown University Press. ISBN 1-58901-022-1