Ánxela Lema París
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de marzo de 1991 Muros, España |
| Educación | Universidade da Coruña |
| Director de tese | Carme Fernández-Pérez Sanjulián e Marta Segarra Montaner |
| Actividade | |
| Ocupación | profesora universitaria, investigadora, escritora |
| Familia | |
| Irmáns | Samuel L. París |
| Premios | |
Ánxela Lema París, nada en Muros en 1991, é unha investigadora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2013) pola Universidade da Coruña[1], no ano 2020 obtivo o título de Doutora, con mención internacional e cum laude, coa tese titulada Deconstruír o erotismo poético desde as non-monogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI, dirixida por Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Marta Segarra (Universidade da Coruña / Université Paris 8 Vincenntes Saint Denis). Realizou, ademais, estudos de posgraduado como o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (2014), o Mestrado en Teoría da Literatura e Literaturas Lusófonas (2015) e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas (2021).
Foi lectora de lingua, literatura e cultura galegas e profesora temporal da Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 (2015-2018), lectora de español no Institut Universitaire de Technologie d'Amiens-Université de Picardie Jules Verne (2017-2018), investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2018-2020) e bolseira Margarita Salas na modalidade posdoutoral. Na actualidade exerce como profesora do Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC na área de Filoloxías Galega e portuguesa[2] e é membro do Grupo ILLA e colaboradora do proxecto EDILIGAL. Activista LGTBIQ+, formou parte da plataforma A Sega[3] e é integrante da Rede Galega de Estudos Queer.
Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero e literarios, especialmente a análise de como inflúen o sistema sexo-xénero e o sistema monógamo á hora de relacionarnos coa literatura, cuestións sobre as que leva publicado diferentes traballos e impartido numerosas conferencias e seminarios. Nesta liña editou, xunto con Danny Barretto (Universidade Colgate) o número de 2024 da revista Galicia 21 "Dende a outra beirarrúa: culturas e estudos cuir en Galicia", unha das primeiras achegas académicas a uns estudos cuir galegos.[4]
No ámbito da ficción publicou, xunto a Sara Villar Aira, Ex-céntricas (Fetiche, 2022), poemario que comezaron a escribir durante a Pandemia de COVID-19.[5]
En 2023 coordinou con Andrea Nunes Brións o ensaio O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias (Xerais), polo que foron galardoadas co Premio Follas Novas á obra de divulgación.[6]
En marzo de 2025 publicOU Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade (Xerais), ensaio coordinado con Ana M. Amigo Ventureira.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, Xerais, 2020 (coordinadora con Andrea Nunes Brións). ISBN 978-84-9121-676-6.
- O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias, Xerais, 2023 (coordinadora con Andrea Nunes Brións). ISBN 9788411102889.
- Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, Xerais, 2025 (coordinadora con Ana M. Amigo Ventureira). ISBN 978-84-1110-615-3.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Ex-céntricas, Fetiche, 2022 (con Sara Villar Aira) ISBN 978-84-123034-2-1.
Capítulos en obras colectivas
[editar | editar a fonte]- "O suxeito poético performativo como alternativa ás lecturas biografistas e/ou sexualizantes", en Herrero, Nieves; Freire, María Pilar; Agrelo, Eulalia (eds.): Novo espazo público: a emerxencia cultural. Cadernos CIPPCE sobre emerxencia cultural, 3, 2016. ISBN 978-84-16533-85-5.
- "Sobre ruptura(s) coa heteronormatividade e (homo)erotismo na poesía galega", en Vilavedra Fernández, Dolores; Garrido González, Ana; Boguszewicz, Maria (eds.): Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria, Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade da Varsovia; Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , 2018. ISBN 978-83-65911-15-5.
- "O epistolario Ricardo Carballo Calero-Francisco Fernández del Riego", Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, Xunta de Galicia, 2020. ISBN 978-84-453-5348-6.
- "Outras lentes para lermos a obra de María Reimóndez. Achegármonos, reflexionarmos sobre Pirata (2009) e En vías de extinción (2012)", Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, Xerais, 2020. ISBN 978-84-9121-676-6.
- "Verbalizarnos, decirnos. El discurso lesbiano en la literatura gallega de los 80 y 90", en Anne-Claire Sanz e Claudia Jareño Sanz-Gavillon (dirs.): Otras miradas. Voces y formas de la creación feminista desde los años 60 en el Estado español, Bellaterra, 2021. ISBN 978-84-18684-09-8.
- "Amar desde as fendas", en Nunes Brions, Andrea / Lema París, Ánxela (eds.): O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias, Xerais, 2023. ISBN 9788411102889.
- "Mujeres invisibles: nombres propios en la edición en Galicia (1975-2000)" (con Carme Fernández Pérez-Sanjulián), en Pérez de Guzmán Padrón, Sofia / Iglesias Onofrio, Marcela (coords.): Precariedades laborales y desigualdades de género en Iberoamérica, Madrid, Dyckinson, 2024. ISBN 978-84-1170-585-1.
- "Non as vin, pero sentinas", en Lema París, Ánxela / Amigo Ventureira, Ana M. (eds.): Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, Xerais, 2025. ISBN 978-84-1110-615-3.
Artigos en revistas
[editar | editar a fonte]- "A heteronormatividade como obstáculo na lectura poética. O caso Elvira Riveiro Tobío", Abriu. Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, 6, 2017. ISSN 2014-8526.
- "Jaula e janela. Uma análise da questao da sexualidade no conto José Matias", Revista Queirosiana. Estudos sobre Eça de Queirós e a sua Geraçao, 2018. ISSN 0872-1769.
- "Leer otramente. Rompiendo con la concepción heteronormativa del sexo en la poesía gallega erótica contemporánea", L’Âge d’or, 12, 2019.
- "Botar por fóra do texto: hipersexualización e cousificación das poetas galegas", Abriu. Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, 12, 2023. ISSN 2014-8526.
- "A poesía será monógama e monosexual até que se demostre o contrario", 452ºF, 29, 2023. ISSN 2013-3294.
- "Construír unha bi-bliografía: a bisexualidade na narrativa galega", eHumanista/IVITRA, 23, 2023. ISSN 5877 1540 5877.
- "Amores que no perpetúan la forma-propiedad: Entrevista con Ira Terán", Revista 2i: Estudos de identidade e intermedialidade, 6, 9, Portugal, 2024. ISSN 2184-7010.
- "Contradiscursos sobre a família: desfazer (os) laços" (con Danny Barretto), Revista2i. Estudos de identidade e intermedialidade,, 6, 9, 2024. ISSN 2184-7010.
- "Dende a outra beirarrúa: culturas e estudos cuir en Galicia", Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies, Issue M, 2024. ISSN 2040-7181.
Divulgación
[editar | editar a fonte]- As nosas letras de muller a muller. Un percorrido pola historia do Día das Letras Galegas, Mareiras, 2018 (con María Eiras). ISBN 978-84-09-05766-5.[7]
Edicións
[editar | editar a fonte]- Antonio Fraguas. Escolma, Xunta de Galicia, 2020 (editora con Luís Alonso Girgado, Laura Piñeiro Pais e Raúl Costas Pereira). ISBN 978-84-453-5351-6.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gañadora do XVII Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2010).
- Gañadora do XVIII Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2011).
- Gañadora do XIX Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía da UDC na modalidade de poesía en lingua galega (2012).
- Candidata ao Premio Follas Novas do Libro Galego ao libro de poesía, con Sara Villar Aira, por Ex-céntricas (2023).[8]
- Gañadora do Premio Follas Novas do Libro Galego á obra de divulgación, con Andrea Nunes Brións, por O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias (2024).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega - Información de Investigador/a". illa.udc.gal. Consultado o 2025-03-02.
- ↑ "Ficha de Ánxela Lema París". pdi.udc.es. Consultado o 2025-03-04.
- ↑ "AS SEGADORAS". Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "Monstros na academia: esta é a nova onda de estudos cuir en Galiza". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2025-03-05.
- ↑ "'Ex-céntricas', versos que reflexionan sobre o amor dunha maneira plural e horizontal". G24. Consultado o 2025-03-05.
- ↑ EditorasGalegas (2024-05-11). "Gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024". Asociación Galega de EDITORAS. Consultado o 2025-03-04.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es. Consultado o 4 de marzo de 2025.
- ↑ Galicia, Federación de Librarías de. "Premio Follas Novas 2023". Federación de Librarías de Galicia. Consultado o 2025-03-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ánxela Lema París - Portal da Investigación (Universidade da Coruña)