Ángeles Maestro
Ángeles Maestro | |
---|---|
Ángeles Maestro Martín | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1952 |
Medina del Campo | |
Organización | Hoxe: Red Roja Anteriormente: Corriente Roja Iniciativa Internacionalista Partido Comunista de España Izquierda Unida |
Alma máter | Universidade Autónoma de Madrid |
Profesión | Médico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ángeles Maestro Martín, máis coñecida como Nines Maestro, nada o 6 de febreiro de 1952 en Medina del Campo, Valladolid, é unha política española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Comezou a súa militancia no Partido Comunista de España en 1971, e en 1979 foi escollida concelleira de Talavera de la Reina. Anos despois, en 1989, foi elixida deputada no Congreso dos Deputados, cargo que repetiría por dúas lexislaturas máis, en 1993 e 1996.
Foi unha das fundadoras de IU, sendo dende o primeiro momento membro do Consello Político Federal e da Presidencia Executiva. Pertenceu á sección máis esquerdista do partido, e foi dirixente de tendencias como Plataforma de Izquierdas ou Corriente Roja. No PCE, fixo parte da súa Secretaría de Relacións Internacionais, do Comité Federal e do Comité Executivo.
En novembro de 1996 foi membro do Tribunal Internacional por Crímenes Contra a Humanidade Cometidos polo Consello de Seguridade de Nacións Unidas en Iraq, iniciativa cívica de intelectuais, políticos e profesionais do Dereito contrarios ás consecuencias do embargo sobre a poboación civil do país mesopotámico.
Abandonou IU cando Corriente Roja deixou a coalición en xuño de 2004, reincorporándose ao seu posto como médico no Servizo Madrileño de Saúde. Abandonou o PCE logo do XVII Congreso (xuño de 2005), logo de rexeitar este a proposta de Corriente Roja de que o PCE abandonase IU. Hoxe en día é a principal dirixente de CR. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 acode nas listas de Iniciativa Internacionalista[1].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Ángeles Maestro |
- Personalidades da política de Castela e León
- Nados en Medina del Campo
- Nados en 1952
- Deputados do Congreso dos Deputados por IU
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Concelleiros de España