Ángela Pardo Celada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángela Pardo Celada
Nacemento11 de marzo de 1904
Lugar de nacementoBecerreá
Falecemento25 de setembro de 1988
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédica
editar datos en Wikidata ]

Ángela Pardo Celada, nada en Becerreá o 11 de marzo de 1904 e finada en Lugo o 25 de setembro de 1988,[1][2][3] foi unha xinecóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dun xinecólogo de ideoloxía liberal.[4] En 1920 trasladouse a Madrid para estudar Odontoloxía, vivindo na Residencia de Señoritas.[4] Logo cambiou para estudar Medicina, carreira que acabou en 1927,[5] especializándose en xinecoloxía e puericultura. En 1930 marchou a Alemaña para continuar a súa formación. Ao seu regreso traballou como auxiliar no Laboratorio de Fisioloxía, dirixido por Juan Negrín,[6] en Madrid e foi médica interina na maternidade de San Carlos, traballando con Manuel Varela Radio catedrático de Obstetricia na Universidade Central.[5] Realizou os estudos de doutoramento nos laboratorios da Facultade de Medicina de Madrid, presentando a súa tese de doutoramento Contribución al estudio de la colesterina en 1940.[7]

En 1940 abriu unha consulta privada en Lugo, onde estaba cando estalou a Guerra Civil, e que compaxinou co traballo na Seguridade Social onde chegou a ser Xefa do Servizo de Xinecoloxía no Hospital Xeral.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gurriarán (2006)
  2. La Voz de Galicia, Lugo, 28-9-1988, p. 31.
  3. Fernández (2021)
  4. 4,0 4,1 Ramil, Raquel Vázquez (2012). "Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, "cando van, van como rosas..."". Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación (16): 101–120. ISSN 1138-5863. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Fernández (2019)
  6. García, Consuelo Flecha (2010). "Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España". Arenal: Revista de historia de mujeres 17 (2): 255–297. ISSN 1134-6396. 
  7. "Tesis doctorales de Medicina defendidas por mujeres pioneras en España (1882-1954)". Educación Médica (en inglés) 20 (1): 60–66. 2019-01-01. ISSN 1575-1813. doi:10.1016/j.edumed.2018.01.003. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández García, María Isabel; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 99-112.
  • Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]