Ángel Valcárcel Piñeiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Ferrol, España |
| Morte | 6 de febreiro de 1969 Ferrol, España |
| Actividade | |
| Ocupación | político, xornalista |
Ángel Valcárcel Piñeiro, nado en Ferrol e finado no mesmo concello o 6 de febreiro de 1969, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1932 foi designado secretario do Seminario de Estudios Socialistas de Galicia.[1] Militante do Partido Galeguista, foi nomeado secretario de actas do Partido Galeguista de Ferrol en febreiro de 1935.[2] Posteriormente abandonou o PG e pasou a dirixir o periódico El Radical. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista, que foi sobresido en setembro de 1944.[3] En 1942 foi procesado en Ferrol por "excitación á rebelión" na causa 285/42 con Alfredo Rebollar Martínez, Manuel Alcántara Fernández, Antonio Bouzas Costa, Ángel Caruncho Leira, Alberto Fernández Gómez, Rosa Fernández Vidal, José García Filgueira, Felipe Gregorio Cambón, Manuel López Roibás, Rafael Losada Fernández, Genaro Rey López, Manuel Torres Sas e José Varela Cachaza.Cumpriu condena na Prisión Militar do Castelo de San Filipe de Ferrol, de onde saíu en liberdade condicional en novembro de 1944.[4] Finou en Ferrol o 6 de febreiro de 1969.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Plácida Pazos Noya e foi pai de María Dolores, María Soledad e Mercedes Vaicarcel Noya.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 19-8-1932, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13.
- ↑ Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
- ↑ BOE, 13-12-1944, p. 9391-9392.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-2-1969, p. 15.