Ángel Rodríguez Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1924 Viveiro, España |
Morte | 31 de xaneiro de 2016 (91 anos) Viveiro, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ángel Rodríguez Vázquez, nado en Viveiro o 30 de abril de 1924 e finado no mesmo concello o 31 de xaneiro de 2016,[1] foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en Valcarría. En xaneiro de 1936 marchou a Madrid onde permaneceu durante a guerra civil. Regresou a Valcarria onde entrou a traballar no complexo industrial Barro-Chavín. Estudou perito industrial. Despois integrouse na Escola de Mestría de Viveiro, onde exerceu 31 anos, e foi director. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por UCD. Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia en 2000.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-2-2016, p. 29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 298–300. ISBN 84-7507-044-2.