Ángel Castiñeiras Beiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Castiñeiras Beiras
Información persoal
Nacemento 5 de xuño de 1959
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Ángel Castiñeiras Beiras, nado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1959, é un exfutbolista galego máis coñecido como Gelo, que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Vista Alegre da súa vila natal. Fichou polo Celta de Vigo despois de someterse a probas no FC Barcelona sen que chegase a concretarse nada. Converteuse no xogador máis xove do equipo, e tras acadar o ascenso a Primeira División de 1978 foi convocado coa Selección de fútbol de España sub-21.

Militou no Celta dez tempadas, xogando en Primeira, Segunda e incluso en Segunda División B. Tras o último ascenso a Primeira División, na tempada 1986/87, deixa o equipo. Posteriormente xogou no CD Lalín e no Mollerussa de Segunda División.