Ángel Arce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Arce
Biografía
NacementoFlariz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesÁngel Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Ángel Arce, coñecido como Ángel, nado en Flariz (Monterrei), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante socialista. Foi lugartenente do líder guerrilleiro Samuel Mayo Méndez. En 1947 foi responsable dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na provincia de Ourense. Logo dun tempo agochado na Serra de Penas Libres logrou pasar a Portugal, desde onde embarcou para Francia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 38–39. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]